Decreto 34/2005, do 17 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Salvaterra de Miño, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de colector xeral do río Tea.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Salvaterra de Miño, en sesión que tivo lugar o día oito de xaneiro de dous mil tres, aprobou o proxecto de colector xeral do río Tea e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitados informes á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, estes foron emitidos favorablemente, facendo mención neste último á adopción dunha serie de condicións para a realización do citado proxecto.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o Concello, resulta imprescindible dotar dos servizos mínimos de instalación da rede de sumidoiros a maioría das parroquias do concello, ao non dispor deste, o que xera un gran problema no proceso de depuración, pola saturación dos pozos negros, provocando un risco obvio para a saúde pública.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR