Decreto 22/2006, do 9 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, no expediente de expropiación forzosa, dos terreos necesarios para proseguir cos labores de explotación da concesión mineira A Fraguiña 4377, sita en Carballeda de Valdeorras (Ourense), solicitada pola sociedade Canteras Fernández, S.A. (Cafersa).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango de LeyDecreto

Manuel Fernández Blanco en nome e representación da sociedade Canteras Fernández, S.A., solicitou da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, a incoación dun expediente de expropiación forzosa polo procedemento de urxencia dos terreos necesarios para proseguir os labores de explotación da concesión mineira A Fraguiña nº 4377 sita en Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Os bens aos que fai referencia a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente, o cal foi sometido ao trámite de información pública, sendo ademais realizadas notificacións individuais aos interesados dos predios afectados.

A solicitude foi efectuada conforme o disposto no artigo 105 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, en relación co artigo 131 do regulamento que desenvolve a citada lei, así como o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de l954 e o artigo 56 do seu Regulamento do 28 de abril de 1957.

Como consecuencia da información pública e das notificacións individuais, foron presentados escritos de alegacións, procedendo a desestimación destas, xa que non desvirtúan as razóns obxectivas polas cales neste momento é urxente a ocupación dos predios para evitar a paralización dos traballos de explotación na concesión de referencia, todo isto en función do que consta no informe da Delegación Provincial de Industria de Ourense e na memoria-pro

posta da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

A expropiación está xustificada e é de todo punto necesaria e ademais polo procedemento de urxencia, xa que permitirá a continuidade e o desenvolvemento racional das tarefas de explotación; á xustificación hai que engadirlle a importancia intrínseca da explotación tanto polo emprego que xera como pola cota de mercado que ocupa.

De acordo co plan de labores presentado e aprobado, os dous predios para os que se solicita a expropiación urxente...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR