Decreto 23/2006, do 16 de febreiro, polo que se establecen determinadas medidas de xestión no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango de LeyDecreto

A Lei 15/2002, do 1 de xullo (publicada no BOE do 2 de xullo) declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. A declaración como Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, así como a súa inclusión na rede de parques nacionais, ten como obxecto, entre outros, asegurar a conservación e recuperación dos hábitats e das especies, así como a preservación da diversidade xenética.

Esta lei incorpora no seu articulado determinadas previsións da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestre, modificada pola Lei 41/1997, do 5 de novembro, e en este sentido refírese a súa xestión, padroado, financiamento, elaboración do Plan de uso e xestión, usos e actividades permitidos e prohibidos ...

A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestre, recolle no seu articulado (artigos 22.3º, 23, 23 bis. 3) un sistema de organización e xestión conxunta dos parques nacionais intraautonómicos, que foi declarado inconstitucional mediante a Sentenza do Tribunal Constitucional 194/2004, do 4 de novembro, e iso desde a perspectiva, como apuntan os seus fundamentos xurídicos, de que «estes preceptos exceden da competencia básica do Estado e das súas facultades de coordinación ou de cooperación, invadindo con iso as competencias propias das comunidades recorrentes en relación con estes preceptos naturais». Nesta sentenza (fundamento xurídico 24) sinálase que a inmediata nulidade dos preceptos declarados inconstitucionais podería provocar unha desprotección ambiental da zona con graves prexuízos e perturbacións aos xuros xerais en xogo e con afectación de situacións e actuacións xurídicas consolidadas, diferindo a declaración de nulidade ata o momento no que as comunidades autónomas regulen as modalidades de xestión dos parques nacionais da súa competencia.

En virtude do anterior, e en tanto non se regule polo miúdo a xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, procede adoptar as primeiras medidas para a xestión do parque nacional.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión con data do dezaseis de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR