Decreto 46/2009, do 26 de febreiro, sobre os arquivos xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

En virtude do disposto no artigo 20.1º do Estatuto de autonomía, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, e consonte o proceso de transferencias desenvolvido a través do Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, e o Decreto 394/1994, do 29 de decembro, respecto dos medios económicos e materiais, e do Real decreto 2397/1996, do 22 de novembro, e o Decreto 438/1996, do 20 de decembro, respecto dos medios persoais, a comunidade autónoma xestiona as competencias transferidas en materia de medios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

A Lei orgánica do poder xudicial, tras a reforma levada a cabo pola Lei orgánica 19/2003, dispón no artigo 458.2º que se establecerán por real decreto as normas reguladoras da ordenación e o arquivo dos autos e expedientes que non estivesen pendentes de ningunha actuación, así como da expurgación dos arquivos xudiciais.

O Real decreto 937/2003, do 18 de xullo, de modernización dos arquivos xudiciais, regula a organización e funcionamento dos arquivos xudiciais territoriais, así como o procedemento de expurgación da documentación xudicial.

Do marco establecido polas anteriores normas resultan as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia para establecer o número e a demarcación dos arquivos xudiciais territoriais da comunidade autónoma e para determinar a sede e a composición da Xunta de Expurgación da -Documentación Xudicial, órgano colexiado de ámbito autonómico, competente para tramitar e resolver os procedementos de expurgación de documentos xudiciais.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, oído o Consello Xeral do Poder Xudicial, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de febreiro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Capítulo I

Arquivos xudiciais territoriais

Artigo 1º Rede de arquivos xudiciais territoriais.

A rede de arquivos xudiciais territoriais de Galicia estará integrada por catro arquivos de ámbito provincial. Cada un destes arquivos poderá ter un ou varios depósitos de fondos.

Artigo 2º Dependencia, dirección e recursos dos arquivos xudiciais territoriais.
  1. De acordo co previsto no artigo 9.1º do Real decreto 937/2003, do 18 de xullo, de modernización dos arquivos xudiciais, os arquivos xudiciais territoriais dependen da persoa titular da presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderá delegar a competencia no/a presidente/a da audiencia provincial ou no/a xuíz/a decano/a do partido xudicial onde radiquen.

  2. Os/as secretarios/as xudiciais a que se refire o artigo 9 do Real decreto 937/2003, do 18 de xullo, de modernización dos arquivos xudiciais, serán os encargados da ordenación, custodia e conservación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR