Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

Publicado o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica da Xunta de Galicia, procede fixa-la das distintas consellerías, estructurándoas nas secretarías xerais, direccións xerais ou órganos de igual categoría que sexan necesarios para o cumprimento das funcións que a nova estructura comporta e adscribíndolle-los organismos autónomos ou entes públicos pertinentes.

Polo tanto, en virtude do disposto no artigo 4.15º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de xaneiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º
  1. A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública estructúrase nos seguintes órganos superiores:

    1. Secretaría Xeral.

    2. Dirección Xeral da Función Pública.

    3. Inspección Xeral de Servicios.

    4. Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

    5. Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias.

    6. Dirección Xeral de Relacións Institucionais.

  2. Queda adscrito a esta consellería o organismo autónomo Escola Galega de Administración Pública.

Artigo 2º
  1. A Consellería de Economía e Facenda estructúrase nos seguintes órganos superiores:

    1. Secretaría Xeral e do Patrimonio.

    2. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

    3. Dirección Xeral de Tributos.

    4. Dirección Xeral de Orzamentos.

    5. Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

    6. Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

  2. Quedan adscritos a esta consellería:

    1. O organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.

    2. O ente público Instituto Galego de Promoción Económica.

    3. O ente público Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable.

Artigo 3º
  1. A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda estructúrase nos seguintes órganos superiores:

    1. Secretaría Xeral.

    2. Dirección Xeral de Urbanismo.

    3. Dirección Xeral de Obras Públicas.

    4. Dirección Xeral de Transportes.

  2. Quedan adscritos a esta consellería:

    1. O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

    2. O ente público Portos de Galicia.

Artigo 4º A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estructúrase nos seguintes órganos superiores:
  1. Secretaría Xeral.

  2. Dirección Xeral de Persoal.

  3. Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa.

  4. Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

  5. Dirección Xeral de Universidades.

  6. Dirección Xeral de Política Lingüística.

Artigo 5º
  1. A Consellería de Innovación, de Industria e Comercio estructúrase nos seguintes órganos superiores:

    1. Secretaría Xeral.

    2. Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

    3. Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

    4. Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

    5. Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

  2. Quedan adscritos a esta consellería:

    1. O organismo autónomo Instituto Galego de Consumo.

    2. O ente público Instituto Enerxético de Galicia.

Artigo 6º
  1. A Consellería de Política Agroalimentaria e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR