Decreto 212/2007, do 8 de novembro, polo que se modifica o Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 232/2005, do 11 de agosto -na súa modificación operada polo Decreto 454/2005, do 1 de setembro- e de conformidade coas previsións organizativas contidas no Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, fixa a estrutura orgánica das distintas consellerías, que se estruturan nas secretarías xerais, direccións xerais ou órganos de igual categoría que resultan necesarios para o cumprimento das funcións que a nova estrutura organizativa comporta, ademais de proceder á adscrición a elas dos organismos autónomos ou entes públicos pertinentes.

Así, o artigo 1 do citado Decreto 232/2005 establece que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar se estrutura nos seguintes órganos superiores e directivos: Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais, Secretaría Xeral da Igualdade, Secretaría Xeral do Benestar, Dirección Xeral de Acción Social e Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, quedando adscrito ao citado departamento da Administración autonómica o organismo autónomo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

A intensa actividade administrativa no seo da Comisión Mixta de Transferencias Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia e, no ámbito da cooperación interadministrativa, na Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia determina a necesidade da creación dun centro directivo que asuma, de xeito específico, as funcións que ata agora lle corresponden, en materia de relacións institucionais, á Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais.

Na súa virtude e, segundo o disposto no artigo 4.15º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, modificada polas leis 11/1988, do 20 de outubro, 2/2007, do 28 de marzo e 12/2007, do 27 de xullo, por iniciativa do Vicepresidente da Igualdade e do Benestar e por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de novembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Modifícase o artigo 1 do Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR