Decreto 12/2005, do 3 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

Polo Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, fixouse a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia. O tempo transcorrido desde a súa entrada en vigor e, por conseguinte, a experiencia adquirida do exercicio das competencias asignadas ás distintas consellerías en relación coa demanda social, aconsella proceder a unha nova distribución competencial que supoña unha maior racionalidade da distribución dos recursos, humanos e materiais. Neste sentido, a Consellería de Sanidade garante a prestación farmacéutica na Rede Galega de Atención Sanitaria de Utilización Pública nos termos recollidos na Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica, e demais normativa reguladora. Tamén desenvolve as funcións de farmacovixilancia, o control das reaccións adversas aos medicamentos e o control sanitario doutros produtos de utilización diagnóstica, terapéutica ou auxiliar. Polo tanto, na nova distribución competencial considérase oportuno o traslado da División de Farmacia e Produtos Sanitarios, na actualidade adscrita orgánicamente ao Servizo Galego de Saúde, convertíndoa nunha dirección xeral dependente orgánicamente da propia consellería.

Por todo o anterior e, en virtude do disposto no artigo 4.15º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, por iniciativa do conselleiro de Sanidade, e por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de febreiro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único Modifícase o artigo 8 do Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, que queda redactado co seguinte teor literal:

Artigo 8º

a) A Consellería de Sanidade estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR