Resolución do 26 de novembro de 2008, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Fontesilva, nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña), promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango de LeyResolución

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 7 de outubro de 2008, relativa ao proxecto do Parque Eólico Fontesilva, nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña), promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A. e que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2008.

Anxo Ramón Calvo Silvosa

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do 7 de outubro de 2008, relativa ao proxecto do Parque Eólico Fontesilva, nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña), promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A.

(Clave 2008/0165)

Antecedentes.

Por solicitude da empresa Desarrollos Eólicos, S.A., a Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria da Coruña iniciou o procedemento de autorización administrativa do proxecto de execución dun parque eólico de 27,60 MW de potencia total nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña), composto por 12 aeroxeradores de 2.300 kW de potencia nominal unitaria.

Dentro do referido procedemento de autorización administrativa considerouse o proxecto, que está previsto no anexo II do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, como sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental.

No anexo I resúmense as características básicas do proxecto e no anexo II as medidas protectoras e correctoras propostas no estudo de impacto ambiental presentado polo promotor.

Mediante Acordo do 26 de abril de 2007, da Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria da Coruña (publicado no DOG nº 105, do 1 de xuño de 2007), someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental das instalacións que comprende o referido parque eólico, constando durante o período de exposición pública a presentación dunha alegación, subscrita por dezanove veciños da zona, que non reviste carácter ambiental.

Con data do 30 de xullo de 2008 recíbese na Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o expediente ambiental do proxecto, remitido pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas como órgano substantivo por razón da materia, contendo os resultados de información pública e os informes das direccións xerais de Patrimonio Cultural, Conservación da Natureza, Desenvolvemento Sostible, Obras Públicas, Saúde Pública e de Turismo, ademais dos emitidos polo organismo autónomo Augas de Galicia e pola Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Innovación e Industria.

Cumprida a tramitación ambiental, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, como órgano ambiental e no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, formula, para os únicos efectos ambientais, a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto do Parque Eólico Fontesilva, nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña), promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A.

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudo de impacto ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores.

As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor, co obxecto de incorporar medidas que acheguen unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá esta solicitude, achegando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada esta declaración, non podendo comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral.

  1. Ámbito da declaración.

    Esta declaración refírese en exclusiva ao proxecto do Parque Eólico Fontesilva, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 27,60 MW de potencia total nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña), constituído por 12 aeroxeradores de 2.300 kW de potencia nominal unitaria, que se localizarán dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

    Ver referencia pdf "01100D035P175.PDF"

    A localización dos aeroxeradores e infraestrutura asociada ao parque eólico será a que se recolle nos planos Planta General. Planos 2.1 e 2.2 do estudo de impacto ambiental, agás para o que derive do punto 3.2.1 desta DIA.

  2. Condicións xerais.

    2.1. Protección da atmosfera.

    2.1.1. Co fin de minimizar a emisión de po á atmosfera durante a fase de obras, ademais das medidas previstas no estudo ambiental procederase, no caso de ser necesario, ao lavado das rodas dos camións á saída da zona de obras.

    2.2.2. Os niveis de presión sonora debidos á construción e funcionamento do parque eólico non poderán superar os valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, de ser o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ao respecto.

    Para tal fin, levarase a cabo o plan de seguimento do nivel de ruído proposto no estudo ambiental, coas particularidades sinaladas no punto 3.2.2 da DIA, téndose que adoptar as medidas correctoras oportunas (incremento do illamento dos equipos, pantallas de illamento acústico, etc) no caso de que se superen os límites legalmente establecidos. As medicións do plan de seguimento deben ser efectuadas por entidade homologada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

    2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

    2.2.1. Calquera actuación ou afección no dominio público hidráulico ou na súa zona de servidume e policía (cruzamentos de pistas ou gabias do cableado…), así como calquera captación ou vertedura, se é o caso, precisarán da autorización ou permiso do organismo de conca competente, neste caso Augas de Galicia. Neste sentido, deberán terse en conta as limitacións e demais prescricións establecidas no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas e no Regulamento do dominio público hidráulico (R.D. 849/1986, do 11 de abril, e posteriores modificacións). As actuacións deberán axustarse ás directrices do Plan hidrolóxico de Galicia-Costa (PHGC).

    2.2.2. Non se afectarán, ou de ser o caso terán que ser repostas na súa totalidade, as instalacións ou servizos de abastecemento de auga, saneamento ou calquera outro amparado pola lexislación hidráulica que se poidan atopar na área de influencia das obras.

    Asemade, respectaranse os mananciais existentes na zona, podendo ser parcialmente encanado o seu curso se resultase necesario para a execución das obras. De xurdir afloramentos de augas subterráneas, serán conducidos a ceo aberto (sempre que as obras definitivas o permitan) cara ás correntes superficiais máis próximas.

    2.2.3. A incorporación das augas procedentes do sistema de drenaxe do parque cara á rede hidrográfica deberá ser gradual, polo que á saída das drenaxes transversais e nos puntos onde a auga das cunetas se incorpore ao terreo, así como nos tramos de cuneta en zonas de elevada pendente, disporanse sistemas protectores e/ou de disipación de enerxía co fin de evitar fenómenos erosivos, arrastres de materiais, deposición de sólidos ou asolagamentos na traxectoria de incorporación das augas aos cursos naturais.

    Tanto na fase de obras como na de funcionamento realizarase un control do correcto funcionamento da rede de drenaxes transversais e lonxitudinais, dos dispositivos de disipación de enerxía e das condicións de incorporación das augas de drenaxe cara á rede natural, co obxecto de comprobar se se producen fenómenos erosivos, deposición de sólidos ou asolagamentos na traxectoria de incorporación das augas aos cursos naturais.

    Neste sentido, levaranse a cabo os oportunos labores de mantemento da rede de drenaxes do parque e desenvolverase o plan de seguimento hidrolóxico incluído no estudo ambiental, téndose que adoptar as medidas protectoras ou correctoras necesarias, ademais das recollidas no estudo, no caso de producirse os citados fenómenos.

    2.2.4. A medida que avanza a obra procederase á estabilización dos noiros de desmonte e/ou terraplén resultantes da execución da obra civil, co obxecto de previr fenómenos erosivos e incorporación de sólidos ás augas. Asemade, cando se executen obras en zonas de elevada pendente, deberán dispoñerse mallas antiescorrega ou calquera outra medida adecuada para evitar o arrastre ou rodadura de materiais ladeira abaixo.

    2.2.5. Non estando previsto na documentación presentada a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde planta ou plantas localizadas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

    2.2.6. Non...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR