DECRETO 144/2012, do 29 de xuño, polo que se aproba a delimitación do Camiño de Santiago, Camiño Francés, entre o lugar do Amenal e o límite do aeroporto da Lavacolla, no concello do Pino.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyDecreto

O Camiño de Santiago Francés ao seu paso por Galicia é un dos bens singulares máis sobranceiros, prezados e visitados dentro do conxunto do patrimonio cultural galego protexido. Está declarado ben de interese cultural desde 1962, coa categoría de conxunto histórico. En 1993 foi incluído na lista dos bens recoñecidos como patrimonio da humanidade e no ano 1997 recibe por parte do Consello de Europa o recoñecemento de primeiro itinerario cultural europeo. O Parlamento de Galicia, ao ano seguinte da promulgación da Lei do patrimonio cultural de Galicia, aproba a Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago, que establece unha regulación específica para este ben e lle outorga a categoría de territorio histórico.

Segundo a dita Lei 3/1996, correspóndelle a Consellería de Cultura a delimitación dos tramos do Camiño de Santiago, de conformidade co procedemento que se regula no seu artigo 5. Ao abeiro desa disposición, por Resolución do 30 de xullo de 2010 incóase o procedemento para a delimitación da ruta principal do Camiño de Santiago, Camiño Francés, coa excepción do tramo entre o lugar do Amenal e o límite do aeroporto da Lavacolla, no concello do Pino. O expediente de delimitación remata co Decreto 227/2011, do 2 de decembro (DOG nº 237, do 14 de decembro), polo que se define o trazado do Camiño Francés, se delimita o ámbito do ben de interese cultural e tamén outro ámbito secundario de influencia merecedor dunha protección ambiental adicional á do territorio histórico, denominado zona de amortecemento.

O tramo do Camiño Francés situado entre o lugar do Amenal e o límite do aeroporto da Lavacolla, no concello do Pino, fora incoado con anterioridade mediante Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 29 de outubro de 2007 e sometido a información pública en setembro de 2008 (Resolución da Dirección Xeral do 25 de agosto de 2008, publicada no DOG do 8 de setembro), pero non se acumulou no procedemento incoado en 2010 por ter sido obxecto de recursos contencioso-administrativos, admitidos a trámite, e estar pendente de resolución xudicial no momento da incoación.

Unha vez rematado o expediente de delimitación do Camiño de Santiago Francés ao seu paso por Galicia, e resoltos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia os recursos xurisdicionais pendentes, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural decide darlle continuidade ao expediente incoado en 2007 e, para eses efectos, tras os correspondentes estudos previos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR