Decreto 10/2007, do 25 de xaneiro, polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Sección:I. Disposicións Xerais
Rango de Lei:Decreto
Emisor:CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
 
FREE EXCERPT

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comu

nidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponden, entre outras, as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, incluída a xestión dos servizos educativos complementarios.

O marco xurídico autonómico que regula na actualidade o servizo de comedor escolar recóllese basicamente no Decreto 16/1984, do 9 de febreiro, polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares (DOG do 29 de febreiro), modificado polo Decreto 283/1986, do 25 de xuño (DOG do 14 de outubro) e polo Decreto 443/1990, do 13 de setembro (DOG do 27 de setembro).

No transcurso destes anos, a realidade social vén demandando das administracións públicas unha nova regulamentación do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos. Este servizo educativo ten un carácter complementario, compensatorio e social, especialmente destinado a garantir a efectividade da educación obrigatoria dentro dos principios de igualdade, en especial entre homes e mulleres, e solidariedade.

Pola súa banda, o artigo 82.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, LOE (BOE do 4 de maio), establece que as administracións educativas prestarán, en determinados supostos, de forma gratuíta os servizos escolares de transporte escolar e, se for o caso, comedor.

Resulta, pois, necesario neste momento establecer un marco normativo que, de acordo coas previsións legais existentes, concrete, mellore e adecue o réxime xeral de funcionamento do servizo de comedor escolar nos centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que permita dar resposta ás demandas reais e actuais ao respecto.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, conforme os ditames do Consello Consultivo e do Consello Escolar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e cinco de xaneiro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

  1. O presente decreto ten por obxecto a regulamentación do funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que impartan os niveis de ensino obrigatorio e/ou segundo ciclo de educación infantil.

  2. Entenderase como servizo de comedor os servizos de xantar e de atención aos usuarios nos períodos de tempo libre anterior e posterior, nos cales se fomentarán programas de promoción da saúde, hábitos alimentarios e habilidades persoais.

  3. A consellería garantirá, mediante a modalidade que considere máis conveniente, a prestación do servizo de comedor escolar ao alumnado a que se refire o artigo 8º do presente decreto, tendo en conta, en todo caso, o disposto na disposición transitoria do presente decreto.

    Artigo 2º.-Modalidades de prestación do servizo.

  4. O servizo de comedor prestarase nalgunha das seguintes modalidades:

    1. Xestión directa polo propio centro, por medio de persoal funcionario, docente ou non, e por persoal laboral, dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que exercerán as funcións que se regulen na orde de desenvolvemento deste decreto.

    2. Xestión directa mediante a elaboración de comidas centralizadas en cociñas propias con persoal da Administración, e transportadas a outros centros docentes próximos, contratando o mencionado servizo cunha empresa do sector hostaleiro.

    3. Contratación da subministración de comidas preparadas ou da elaboración de comidas nas dependencias do centro a cargo dunha empresa do sector hostaleiro adxudicataria do servizo polo procedemento que corresponda.

  5. As modalidades utilizadas con carácter xeral serán a) e b); cando iso non sexa aconsellable e estea debidamente xustificado, prestarase o servizo pola modalidade c).

  6. Excepcionalmente, a Administración educativa poderá colaborar na xestión e organización do servizo cos respectivos concellos, deputacións ou outras institucións públicas ou privadas, así como con outras entidades ou colectivos, como poden ser as asociacións de nais e...

To continue reading

FREE SIGN UP