Decreto 39/2007, do 8 de marzo, polo que se regula a composición e funcionamento das comisións territoriais do Patrimonio Histórico Galego.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de patrimonio histórico, artístico, arquitectónico e arqueolóxico de interese para a comunidade, sen prexuízo do que dispón o artigo 149.1º.28 da Constitución, o que implica a potestade lexislativa, regulamentaria e a función executiva, segundo o disposto nos artigos 27.18º e 37 do seu Estatuto de autonomía.

En exercicio desa competencia, aprobouse a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia. O seu artigo 7 dispón que regulamentariamente se establecerá a composición e o funcionamento dos órganos asesores da Consellería de Cultura, entre os cales se inclúen as comisións territoriais do patrimonio histórico.

A evolución experimentada pola lexislación substantiva, coa aprobación da citada Lei 8/1995 e da Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago, así como os cambios, por unha banda, na organización administrativa da comunidade autónoma e, por outra, as novas disposicións que rexen a actividade da Administración, en especial dos seus órganos colexiados, fan necesaria unha adecuación da regulación da composición e funcionamento das citadas comisións territorais do patrimonio histórico.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Cultura e Deporte, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do oito de marzo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º Natureza.
  1. As comisións territoriais do Patrimonio Histórico son órganos asesores da consellería con competencias en materia de patrimonio cultural, de carácter colexiado, que dependen organicamente da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e funcionalmente de cada unha das delegacións provinciais da consellería con competencias en materia de patrimonio cultural.

  2. A consulta ás comisións territoriais do Patrimonio Histórico será preceptiva cando unha norma así o prevexa, e facultativa nos demais casos.

    Os seus acordos non serán vinculantes, salvo que a normativa vixente estableza expresamente o contrario.

  3. As resolucións e demais actos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural sobre asuntos en que teñan intervido as comisións expresarán se son acordados consonte o informe da Comisión Territorial

    de Patrimonio Histórico ou se apartan del, mediante o uso das fórmulas «de acordo coa Comisión Territorial de Patrimonio Histórico» ou ben «ouvida a Comisión Territorial de Patrimonio Histórico» respectivamente. Neste último caso, deberá motivarse suficientemente.

Artigo 2º Funcións.

Son funcións das comisións territoriais do Patrimonio Histórico, con competencia dentro do ámbito territorial respectivo das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra:

  1. Emitir informe sobre os expedientes de proxectos de obras que afecten os bens incluídos no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, excepto aqueles que promova directamente a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, os que afecten o patrimonio da Igrexa Católica, e aqueles que correspondan ao Comité Asesor do Camiño de Santiago.

  2. Asesorar e emitir os informes ou ditames que, dentro do seu ámbito territorial, lles sexan solicitados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural sobre as avaliacións de impacto ambiental e o planeamento urbanístico para programas e plans que poidan afectar os bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia, así como calquera outro tipo de pronunciamentos, a requirimento da propia Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, nas materias da súa competencia.

  3. Propoñer a incoación de expedientes de declaración de ben de interese cultural, de inclusión de bens no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia e no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, e emitir informe sobre as propostas efectuadas a este respecto por outros organismos ou por particulares.

  4. Calquera outra función que lle veña atribuída pola lexislación vixente.

Artigo 3º Composición.
  1. As...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR