Decreto 179/2003, do 27 de febreiro, polo que se modifica e amplía o Decreto 253/1993, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso ós ditos graos.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O Real decreto 756/1992, do 26 de xuño, establece os aspectos básicos do currículo dos graos elemental e medio das ensinanzas de música, que forman parte do Decreto 253/1993, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso ós ditos graos na Comunidade Autónoma de Galicia.

En aplicación da disposición adicional primeira do citado Real decreto 756/1992, o Decreto 253/1993, engadiu ás especialidades dos anteditos graos a de gaita galega, en consideración da importancia deste instrumento na nosa tradición musical e o seu valor histórico na cultura musical europea.

O Real decreto 1463/2001, do 27 de decembro, vén de establece-los aspectos básicos do currículo dos graos elemental e medio da especialidade de gaita, guitarra flamenca e txistu, e o grao medio das especialidades de flabiol e tamborí, tenora e tible.

Tendo en conta que en gran medida o regulamentado por esa norma para a especialidade de gaita xa forma parte dos currículos de gaita galega dispostos polo Decreto 253/1993 e que resulta conveniente a extensión da validez deses estudios a todo o territorio do Estado español, o presente decreto ten por finalidade a adaptación e ampliación dos citados currículos ás normas básicas que figuran no Real decreto 1463/2001, do 27 de decembro, para a especialidade de gaita.

En consecuencia, en virtude da disposición derradeira segunda do Real decreto 1463/2001, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe do Consello Escolar de

Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de febreiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declárase equivalente, para tódolos efectos, o establecido no Decreto 253/1993, do 29 de xullo, para a especialidade de gaita galega coa especialidade de gaita que regula o Real decreto 1463/2001, do 27 de decembro.

Artigo 2º

Engádense ós obxectivos do grao elemental da especialidade de gaita recollidos no anexo II do Decreto 253/1993, os seguintes:

f) Coñece-las características e posibilidades sonoras do instrumento e saber utilizalas, dentro das esixencias do nivel, tanto na interpretación individual como de conxunto.

g) Adquiri-las técnicas básicas para o mantemento do instrumento, así como para a elaboración dos elementos básicos na producción do son.

h) Iniciar e desenvolve-la...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR