Decreto 62/2004, do 11 de marzo, polo que se lle cede, a título gratuíto, ao Concello de Ortigueira, o inmoble coñecido como casa de legoeiro de Loiba, situado no p.k. 53,346 da estrada C-642, lugar de Loiba, termo municipal de Ortigueira (A Coruña).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia ten a titularidade do inmoble coñecido como casa de legoeiro de Loiba, situado no p.k. 53,346 da estrada C-642, lugar de Loiba, termo municipal de Ortigueira (A Coruña).

O dito ben figura no Inventario de Bens e Dereitos da Comunidade Autónoma co código de centro C0530, como ben patrimonial.

A orde do conselleiro de Economía e Facenda do 8 de xullo de 1994 (DOG nº 173, do 7 de setembro), declarou a alienabilidade do inmoble.

O Concello de Ortigueira solicitou a cesión do citado inmoble para acondicionalo como aparcadoiro público co fin de poder acadar unha mellora da circulación rodada nesa zona.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da Consellería de Economía e Facenda tramitou o expediente de cesión, a título gratuíto, do inmoble, de conformidade co establecido nos artigos 24 e 30 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 60 e 83 e seguintes do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da antedita Lei 3/1985.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de marzo de dous mil catro

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión, a título gratuíto, a favor do Concello de Ortigueira, do inmoble coñecido como casa de legoeiro de Loiba, situado no p.k. 53,346 da estrada C-642 de Ribadeo a Ferrol por Ortigueira, parroquia de Loiba, termo municipal de Ortigueira, e inscrita no Rexistro da Propiedade no tomo 372, libro 197, folio 203, predio nº 27.217. Referencia catastral 0922603PJ0402S0001FI.

Artigo 2º

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

  1. O fin da cesión será a construción dun aparcadoiro público na parroquia de Loiba.

  2. Se o ben cedido non se aplicase ao fin sinalado dentro do prazo dun ano, contado desde o outor

gamento da escritura pública, deixase de estalo con posterioridade, se se descoidase ou utilizase con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR