Decreto 144/2008, do 26 de xuño, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razón de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razón de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia recolle, no seu artigo 2, a participación en tribunais de oposicións e concursos ou outros órganos encargados de selección de persoal ou de probas que sexa necesario superar para o exercicio de profesións ou para a realización de actividades como un dos supostos que dan orixe a indemnización ou compensación.

O artigo 26 do mesmo decreto regula as asistencias que se aboarán pola concorrencia as sesións dos órganos referidos no artigo 2.

O tempo transcorrido desde a aprobación do Decreto mencionado, a entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, e a especialidade que presentan os tribunais de selección encargados de cualificar os procesos selectivos convocados de acordo coas ofertas anuais de emprego público, tanto no que se refire ao tempo e á súa forma de actuación como ao número de aspirantes que participan, aconsellan introducir unha modificación na regulación das asistencias pola concorrencia a este tipo de órganos de selección que reflicta a súa especial natureza.

Na súa virtude, oída a Comisión de Persoal, a iniciativa dos conselleiros de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vinte e seis de xuño de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razón de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Modifícase o número dous do artigo 26 do Decreto 144/2001, de 7 de xuño, de indemnizacións por razón de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, que queda redactado como segue:

Dous. A Consellería da Presidencia e Administración Pública clasificará os mencionados órganos, para efectos de percepción de asistencia, na correspondente categoría de entre as seguintes, e as contías que se percibirán serán as que se sinalan no anexo IV deste decreto:

Categoría primeira: acceso a corpos ou escalas do subgrupo A1 de funcionarios/as ou ao grupo I de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Categoría...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR