Decreto 33/2004, do 29 de xaneiro, polo que se crea o Sistema de Información Galego sobre a Infección polo Virus da Inmunodeficiencia Humana (SIGIVIH).

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A infección polo virus de inmunodeficiencia humana (VIH) cursa cunha historia natural moi longa. Desde que unha persoa se infecta ata que desenvolve a enfermidade, é dicir, a síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA) poden pasar máis de dez anos. Coa aparición dos tratamentos antirretrovirais de alta eficacia conseguiuse diminuír significativamente os casos de SIDA, sen que isto implique necesariamente un descenso paralelo nas infeccións polo VIH.

Neste contexto é prioritario, para a prevención da infección polo VIH, coñece-las prácticas de risco a través das que se está transmitindo a infección no momento actual.

A nivel internacional a creación de sistemas de información sobre VIH é hoxe en día unha necesidade recoñecida para un control adecuado da infección polo VIH. Desde 1999 a creación e extensión dos sistemas de información sobre o VIH encóntrase entre as recomendacións de tódolos organismos nacionais e internacionais acreditados en materia sanitaria: a Organización Mundial da Saúde, o Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/SIDA (ONUSIDA) e o Centro para o Control de Enfermidades de Atlanta (CDC).

Seguindo estas recomendacións, a nivel estatal o Ministerio de Sanidade e Consumo creou o Sistema de Información de Novas Infeccións do VIH (SINIVIH), publicando o contido do ficheiro mediante a Orde do 18 de decembro de 2000 (BOE, nº 11, do 12 de xaneiro). O devandito sistema de información nútrese da remisión semestral de datos procedentes das comunidades autónomas, polo que o Sistema de Información Galego sobre a infección polo Virus da Inmunodeficiencia Humana (SIGIVIH) seguirá a liña proposta polo Ministerio de Sanidade e Consumo.

A información sobre estas novas infeccións polo VIH, coa creación e posta en marcha do Sistema de Información Galego sobre a infección polo Virus da Inmunodeficiencia Humana (SIGIVIH) cubrirá estes baleiros de información e permitirá á Administración sanitaria tomar decisións en materia de prevención.

Polo anterior, e tendo en conta a observancia do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, cómpre acomete-la súa regulación de conformidade cos criterios e garantías de confidencialidade determinados de xeito imperativo pola devandita norma.

O Estatuto de Autonomía de Galicia establece, no seu artigo 33, puntos 1º e 4º, que lle corresponde á Comunidade Autónoma o desenvolvemento lexislativo e a execución da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR