Decreto 14/2006, do 26 de xaneiro, polo que se establece a composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango de LeyDecreto

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, crea no artigo 11.1º a Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia como órgano encargado da planificación, elaboración, coordinación e seguimento do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

No punto 2º do artigo 11 establécese que a Comisión Departamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia estará composta por un presidente, un vicepresidente e un número de vogais que se determinarán regulamentariamente.

O Decreto 137/1995, do 10 de maio, que establece a composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga) foi modificado en dúas ocasións como consecuencia dos cambios na estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Estas modificacións fixéronse a través do Decreto 483/1997, do 26 de decembro, e polo Decreto 18/2002, do 1 de febreiro.

Recentemente o Decreto 232/2005, do 11 de agosto, establece a nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia, polo que procede modificar a composición da devandita comisión.

Por todo iso, por proposta do conselleiro de Innovación e Industria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de xaneiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único A Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia estará composta polos seguintes membros:
  1. Presidente: o conselleiro de Innovación e Industria.

  2. Vicepresidente: o director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

  3. Secretario: un subdirector xeral da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

  4. Vogais:

Un representante con rango de secretario xeral ou director xeral nomeado por orde do conselleiro de Innovación e Industria por proposta de cada un dos departamentos que integran a Xunta de Galicia.

Quedan derrogados o Decreto 18/2002...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR