Decreto 181/2006, do 19 de outubro, polo que se declara de interese público a compatibilidade da impartición de ensinanzas de música e artes escénicas, artes plásticas e deseño coa actividade realizada noutro posto do sector público cultural.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas establece, con carácter de normas de bases do réxime estatutario da función pública, que o persoal comprendido no seu ámbito de aplicación non poderá compatibilizar as súas actividades co desempeño, por si ou mediante substitución, dun segundo posto de traballo ou actividade no sector público, agás nos supostos previstos nela.

O artigo 3 da mesma lei prevé a posibilidade de que os órganos de goberno das comunidades autónomas poidan determinar a compatibilidade do desempeño dun segundo posto por razón de interese público.

Resulta necesario tipificar como de interese público, para os efectos de compatibilidade, determinados supostos de actividade pública nas ensinanzas artísticas, o que vai permitir nestas ensinanzas a desexable vinculación entre o exercicio profesional e a actividade docente, de xeito que o persoal que as exerce poida impartir docencia e, á súa vez, o persoal docente poida exercer a profesión correspondente. Non obstante, a segunda actividade deberá ser de duración determinada, a tempo parcial, e en réxime laboral.

Na súa virtude, por iniciativa da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria e por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezanove de outubro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único
  1. Declárase de interese público, de acordo e cos efectos previstos no artigo 3 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, o exercicio da docencia nas ensinanzas de música e artes escénicas e artes plásticas e deseño, co desempeño dos seguintes postos de traballo e actividades:

    1. Instrumentista, cantante ou director en orquestra sinfónica, banda sinfónica, ou coro de titularidade pública.

    2. Intérprete, escenógrafo, director ou actividade artística relacionada coa arte dramática en compañía de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR