Resolución do 30 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Fundación Valdegodos.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Fundación Valdegodos (código de convenio nº 8200782), que se subscribiu coa data do 4 de abril de 2003, entre a representación da Fundación Valdegodos e os representantes dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo laboral de ámbito interprovincial da empresa Fundación Valdegodos

Artigo preliminar.

Este convenio subscríbeno as seguintes partes:

Pola empresa: a Fundación Valdegodos, declarada de interese social. Polos traballadores: o comité de empresa e os delegados sindicais.

Artigo 1º Ámbito funcional.

Este convenio será de aplicación en tódolos centros e residencias para as persoas maiores (asistidas, non asistidas e mixtas) que xestione directamente a Fundación Valdegodos, sexan ou non da súa propiedade.

Artigo 2º Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación en tódolos centros de traballo xestionados pola Fundación Valdegodos.

Artigo 3º Ámbito persoal.

Queda comprendido no ámbito do convenio o persoal que preste os seus servicios nos centros de traballo afectados por este.

Artigo 4º Vixencia e duración.

Este convenio colectivo entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2003 e terá vixencia ata o día 31 de decembro de 2007.

Artigo 5º Denuncia e prórroga.

Calquera das partes asinantes poderá denunciar este convenio cunha antelación mínima de trinta días antes do seu vencemento. Para que a denuncia teña

efecto, deberase realizar por escrito e entregarse á outra parte de modo que faga fe.

En caso de non se producir esta denuncia, entenderase que o convenio se prorroga automaticamente por períodos anuais ou ata que non sexa substituído por outro convenio entre as partes, incrementándose as retribucións que aparecen no anexo I segundo o IPC correspondente ó ano anterior.

Artigo 6º Garantía ad personam.

Condición máis beneficiosa. Respectaranse as condicións superiores e máis beneficiosas que veña percibindo e desfrutando o persoal do cadro antes da sinatura deste convenio.

Ó persoal que á entrada en vigor deste convenio percibise salarios superiores en cómputo anual ós determinados neste convenio, aplicaránselle as táboas de retribucións aprobadas neste convenio. A diferencia de retribucións reflectirase na nómina como complemento persoal. Co obxecto de determina-lo importe deste complemento, restaráselle á súa actual retribución anual bruta a retribución anual acordada neste convenio; a cantidade resultante dividida por catorce será o importe do citado complemento persoal, o cal se distribuirá en catorce mensualidades.

Artigo 7º Comisión paritaria.

Créase unha comisión paritaria do convenio como órgano de interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do seu cumprimento.

Ámbalas partes conveñen someter á comisión paritaria cantas discrepancias poidan xurdir da aplicación ou interpretación do convenio con carácter previo á formulación dos distintos supostos ante a autoridade ou xurisdicción laboral competente. A comisión paritaria deberá resolver tales discrepancias no prazo máximo de corenta e cinco días.

Esta comisión estará integrada por catro membros, dous pola representación da Fundación Valdegodos e outros dous en representación do persoal asinante deste convenio.

Artigo 8º Organización e tempo de traballo.

A organización de traballo é facultade e responsabilidade da fundación, sen prexuízo do establecido no Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Artigo 9º Clasificación profesional.

Establécense as categorías profesionais, segundo o nivel de titulación, coñecemento ou experiencia esixidos para o seu ingreso. En virtude da tarefa que se vaia realizar e da idoneidade da persoa, cando non se crea necesaria a esixencia de titulación, o contrato determinará a categoría na cal se ten que integra-la persoa contratada de acordo cos coñecementos e as experiencias necesarias con relación ás funcións que se vaian exercer.

As categorías profesionais son as que se detallan na táboa salarial deste convenio.

Artigo 10º Período de proba.

Establécese un período de proba para tódolos traballadores dun mes. Para aqueles de categorías que requiran titulación media ou superior, o período de proba será de seis meses.

O período de proba deberá ser pactado por escrito e durante a súa vixencia as partes contratantes poderán resolver, de forma unilateral e libremente, a relación laboral sen necesidade de aviso previo e sen dereito a ningunha indemnización.

Artigo 11º Contratos eventuais.

Poderán formalizarse contratos eventuais de duración determinada para atender circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou causas imprevistas, mesmo tratándose da actividade normal da fundación. Estes contratos poderán ter unha duración máxima de doce meses nun período de referencia de dezaoito meses. Esta duración pode ser inicial ou por prórroga.

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR