Resolución do 15 de xuño de 2007, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o sector de perrucarías de donas, cabaleiros, unisex e beleza.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico para o sector de perrucarías de donas, cabaleiros, unisex e beleza (código de convenio 8200535), que se subscribiu o 28 de marzo de 2007, pola parte empresarial, pola Federación de Asociaciones de Empresarios de Peluquería y Estética de Galicia (Fepega), e pola parte social, por UGT, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2007.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para perrucarías de donas, cabaleiros, unisex e beleza (2007-2008-2009-2010)

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º Ámbito funcional.

Este convenio establece as normas laborais polas que se rexerán todas as empresas dedicadas ao sector de perrucaría de donas, cabaleiros, unisex e beleza, estean ou non encadradas na Fepega.

Queda comprendido neste convenio aquel persoal que preste o seu traballo ou exerza as funcións características desta actividade en sanatorios, colexios, círculos de recreo, hoteis, balnearios, espectáculos públicos, grandes almacéns, etc., salvo que especificamente estivesen reguladas as súas actividades por outras disposicións propias das empresas de que dependan.

Artigo 2º Ámbito territorial.

As normas deste convenio serán de aplicación en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3º Vixencia.

A vixencia deste convenio estenderase do 1 de xaneiro de 2007 ao 31 de decembro de 2010. Con independencia da data de publicación, os efectos económicos iniciaranse o 1 de maio de 2007. A cotización á Seguridade Social das discrepancias salariais existentes a partir do 1 de maio deberá facerse non máis tarde do último día do mes seguinte á data da súa publicación.

Se o convenio non fose denunciado no prazo de tres meses antes do seu vencemento, entenderase prorrogado de ano en ano, incrementándose os salarios no mes de xaneiro do mesmo modo conforme o índice de prezos ao consumo aprobado polo Instituto Nacional de Estatística referido aos doce meses anteriores.

Artigo 4º Compensación e absorción.

Todas as melloras económicas e de traballo que se implantan en virtude deste convenio serán compensables e absorbibles, en cómputo anual e ata onde alcancen, con todas aquelas melloras voluntarias que tiñan concedidas as empresas, tanto se son aboadas en metálico coma en especie. Sen prexuízo da facultade de ampliar as melloras establecidas neste convenio, as empresas que lle aboen ao seu persoal salarios superiores aos exixidos regulamentariamente non estarán obrigadas a aplicar as elevacións que se fixen nestas estipulacións salvo na contía necesaria para suplir as diferenzas.

As disposicións legais futuras que impliquen variación económica de algún ou de todos os conceptos retributivos soamente terán eficacia práctica se, globalmente considerados e sumados aos vixentes con anterioridade ao convenio, superasen o nivel deste. No caso contrario, consideraranse absorbidas polas melloras pactadas.

Garantía ad personam; respectaranse as retribucións que en cómputo global, con respecto aos conceptos económicos cuantificables, fosen superiores ás establecidas neste convenio.

Capítulo II

Do persoal

Sección primeira

Disposicións xenéricas

Artigo 5º Debido á necesaria adaptación das categorías profesionais do convenio colectivo de ámbito autonómico ao disposto no convenio colectivo xeral de traballo para perrucarías, institutos de beleza, ximnasios e similares, a estrutura profesional do sector será a establecida no anexo I deste convenio.

A clasificación profesional do persoal que se consigna neste convenio non supón a obriga de ter provistas todas as prazas ou postos de traballo especificados, axustándose estes ás necesidades da empresa.

Así mesmo, son enunciativos os distintos cometidos asignados ás categorías profesionais como principais ou de especialidade, sen que isto supoña a realización en exclusiva destes cometidos, pois todos os traballadores/as veñen obrigados a realizar cantas funcións lles sexan ordenadas pola empresa, sempre e cando non redunde en prexuízo da súa formación profesional ou en menoscabo da súa dignidade, e sen superar os límites de tempo establecidos no Estatuto dos traballadores.

Sección segunda

Contratación, clasificación segundo as permanencias

Artigo 6º Medidas de fomento do emprego e da contratación laboral.

Segundo o disposto no artigo 35 do convenio colectivo xeral para perrucarías, institutos de beleza, ximnasios e similares, os contratos de traballo concertados de acordo co establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores e nos artigos 1 b) e 3 do Real decreto 2720/1998, terán unha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 16 meses.

Poderán acollerse ao disposto nesta disposición, tanto os contratos pactados desde a publicación deste convenio como aqueles que estean xa en vigor na data de publicación deste e aínda non esgotasen a súa duración máxima.

O disposto neste artigo manterá a súa vixencia independentemente do remate da vixencia do resto das cláusulas contidas neste convenio, ata a sinatura dun novo convenio, salvo que por disposición legal se modificase a regulamentación desta modalidade contractual.

Artigo 7º Contrato para a formación laboral.

Segundo o disposto no número 2º do artigo 11 do Estatuto dos traballadores, modificado pola Lei 63/1997, do 31 de decembro, e atendendo as especiais necesidades de formación dos traballadores do sector, as partes asinantes deste contrato acordan ampliar a duración máxima do contrato para a formación a tres anos.

Esta ampliación da duración máxima será de aplicación tanto para os contratos vixentes no momento de publicación deste convenio como para todos aqueles que se asinen no futuro.

Artigo 8 Contratación indefinida.

Durante a vixencia deste convenio, a conversión en indefinidos daqueles contratos que se tivesen concertado con carácter temporal ou por tempo determinado, acollerase ao disposto na lexislación vixente no réxime previsto para os contratos de fomento da contratación indefinida.

Sección terceira

Clasificación do persoal segundo a súa función

Artigo 9º Clasificación profesional.

Os traballadores afectados por este convenio, segundo as funcións que desenvolvan e tendo en conta as definicións que establecen os artigos seguintes, clasificaranse en grupos profesionais.

A nova estrutura profesional procura obter unha máis razoable estrutura produtiva, todo iso sen prexudicar a dignidade, oportunidade de promoción e xusta retribución que lle corresponda a cada traballador. Os actuais postos de traballo e tarefas axustaranse aos grupos profesionais establecidos neste convenio.

A clasificación levarase a cabo por interpretación e aplicación dos criterios xerais e polas tarefas básicas máis representativas. No caso de concorrencia nun posto de traballo de tarefas básicas correspondentes a diferentes grupos profesionais, a clasificación realizarase en función das actividades propias do grupo profesional superior.

A clasificación non suporá en ningún caso, que se exclúa nos postos de traballo de cada grupo profesional a realización de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR