Decreto 194/2006, do 19 de outubro, polo que se establece o procedemento de liquidación dos medios materiais das cámaras agrarias provinciais de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

A disposición adicional terceira da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego, ademais de declarar a disolución das cámaras agrarias provinciais de Galicia, senta as bases para proceder á liquidación dos medios persoais e materiais das corporacións extinguidas, facultando a Consellería do Medio Rural, en canto que ten atribuídas as competencias en materia de agricultura e desenvolvemento rural, para ditar ou, se é o caso, proporlle ao Consello da Xunta de Galicia as normas necesarias para proceder á realización da dita liquidación.

Polo anterior, procede a regulación do procedemento dirixido por un lado á liquidación dos dereitos non reais ou de contido en diñeiro, e por outro á realización do inventario daqueles bens e dereitos que, de conformidade co previsto na disposición adicional cuarta da mesma lei, quedan integrados no patrimonio da Comunidade Autónoma e adscritos á Consellería do Medio Rural.

Polo exposto e en virtude das atribucións que confire a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta do conselleiro do Medio Rural e de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezanove de outubro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

O obxecto do presente decreto é establecer o procedemento para levar a cabo a liquidación dos medios materiais das cámaras agrarias provinciais que resultaron extinguidas pola Lei 1/2006, do 5 de xuño.

Artigo 2º Comisión liquidadora.
  1. As operacións de liquidación dos bens procedentes das extintas cámaras agrarias provinciais serán realizadas por unha comisión liquidadora integrada polos seguintes membros:

    1. Presidente: o presidente da respectiva cámara.

    2. Secretario: o secretario da corporación.

    3. Tres vogais en representación de cada unha das organizacións con representación na cámara, elixidos por estas.

    4. Tres vogais en representación da Administración, designados polo delegado provincial correspondente da delegación competente en materia de agricultura entre o persoal da propia delegación.

  2. A antedita comisión liquidadora...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR