Decreto 102/2010, do 20 de maio, polo que se aproba o cambio de titularidade da estrada AC-195 (Betanzos (antiga N-VI)-Betanzos (AC-840) (avenida Fraga Iribarne) e a avenida García Naveira e avenida Linares Rivas, a prol do Concello de Betanzos.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

A teor do previsto no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a lei dispón no artigo 54, que as estradas autonómicas ou os treitos determinados delas nos que a circulación adquira características urbanas, se lles entregarán aos respectivos concellos. O expediente promoverase por proposta do concello ou da administración titular da estrada e será resolto polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, logo de informe de ambos os organismos.

Na cláusula terceira do convenio asinado o 10 de novembro de 2006 entre o Concello de Betanzos e a Xunta de Galicia prevese a transferencia a prol do Concello de Betanzos da titularidade das avenidas García Naveira, Linares Rivas e Fraga Iribarne, de tal xeito que se procede ao inicio do procedemento administrativo da transferencia.

A Dirección Xeral de Obras Públicas, de acordo co informe emitido polos servizos técnicos competentes, formula proposta favorable á transferencia da titularidade. Desta proposta déuselle traslado ao Concello de Betanzos que, con data do 27 de outubro de 2009, manifesta a súa aceptación.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estima axeitado o cambio de titularidade das estradas mencionadas, tendo en conta que adquiriron características netamente urbanas.

Polo exposto, consonte o previsto na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, tras o acordo entre as administracións afectadas, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de maio de dous mil dez,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o cambio de titularidade a favor do Concello de Betanzos da estrada AC-195 (Betanzos (antiga N-VI)-Betanzos (AC-840) (avenida Fraga Iribarne) e a avenida García Naveira e avenida Linares Rivas.

Ver referencia pdf "12300D005P028.PDF"

Artigo 2º

En aplicación do artigo 4...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR