Resolución do 30 de maio de 2005, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da industria de ebanistaría e afíns da provincia de Lugo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo para o sector industria de ebanistaría e afíns da provincia de Lugo (código 2700245), asinado o día 29 de abril de 2005 pola representación da patronal a Asociación Provincial de Empresarios de Ebanistaría de Lugo e das centrais sindicais UGT (44,8%), CC.OO. (20,7%) CIG (10,3%) e USO (10,3%), e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitir o texto do dito convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 30 de maio de 2005.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Convenio colectivo provincial para a industria de ebanistaría e afíns da provincia de Lugo

Artigo 1º Ámbito de aplicación.

Este convenio será de aplicación a todas as empresas da provincia de Lugo, establecidas ou que se establezan no futuro que, rexéndose polo II convenio colectivo estatal para as industrias da madeira publicado no BOE do 24 de xaneiro de 2002 e tendo os seus centros de traballo na provincia, teñan ao seu servizo traballadores encadrados nas actividades de ebanistaría, mobles curvados, fábricas de mobles en serie, carpintaría e carpintaría mecánica, envases e embalaxes, brochas, cepillos, pinceis e vasoiras, almacéns de madeira e tapizarías, fábricas de cadaleitos, carpintaría de ribeira e demais actividades de 2ª transformación da madeira previstas no anexo I do II convenio colectivo estatal para as industrias da madeira. As condicións pactadas neste convenio teñen o carácter de mínimas obrigadas.

Artigo 2º Vixencia e duración.

Este convenio terá unha duración de 1 ano, desde o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de

2004, con independencia da data de publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 3º Comisión mixta paritaria.

Constituirase un comité mixto paritario entre as partes asinantes do Convenio. O citado órgano -integrado por 5 representantes da asociación empresarial asinante e 3 membros de UGT, 1 de CC.OO., 1 da CIG e 1 de USO, igualmente asinantes do convenio- cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así coma do seu seguimento. No caso de non chegar a acordo na dita comisión, ambas as dúas partes se someten á competencia do Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdición competente.

Artigo 4º Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores que anteriormente a este convenio gozasen de mellores condicións a as aquí pactadas, poderanse acoller a elas, séndolles respectadas para todos os efectos.

Artigo 5º Denuncia.

A denuncia do convenio deberase presentarse cunha antelación mínima de 30 días á data de finalización do convenio por calquera das partes. A ausencia de denuncia deste convenio significará, en todo caso, a súa prórroga por un ano, en iguais termos, salvo no referente á táboa salarial, que se verá incrementada en igual contía ca o IPC anual.

Artigo 6º Xornada laboral.

A xornada laboral de traballo queda fixada para o ano 2004 en 1.768 horas ao ano de traballo efectivo, tanto en réxime de xornada continuada coma partida, que se distribuirá de luns a venres, ambos inclusive, salvo nos casos de que entre empresa e traballadores se tome un acordo en contra con respecto ao traballo dos sábados.

Independentemente do anterior, a empresa queda facultada, naqueles supostos en que non se traballe o sábado, para nomear un servizo de urxencia para manter un nivel mínimo de servizos de asistencia ao público, sendo os ditos nomeamentos de carácter representativo. A compensación aos traballadores que traballen en sábado efectuarase de forma horaria con carácter mensual.

As empresas poderán distribuír a xornada establecida no parágrafo primeiro deste artigo ao longo do ano mediante criterios de fixación uniforme ou irregular, afectando a uniformidade ou irregularidade ben a todo o cadro de persoal ou de forma diversa por seccións ou departamentos, por períodos estacionais do ano en función das previsións das distintas cargas de traballo e desprazamentos da demanda. En todo caso, a distribución irregular da xornada respectará os topes mínimos e máximos de distribución previstos no artigo 43 do II convenio colectivo estatal para as industrias da madeira.

Para os efectos dunha mellor organización do traballo, as empresas poderán establecer un calendario anual no cal se recolla a distribución da xornada pactada ao longo do ano.

Artigo 7º Vacacións.

O persoal comprendido neste convenio gozará dun período anual de 21 días laborais de vacacións non acumulables a festivos e licenzas, cumpríndose en todo caso os mínimos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR