Decreto 80/2006, do 4 de maio, polo que se acepta a cesión dun predio sito no concello de Santiago de Compostela (A Coruña) para o Centro Galego de Arte Contemporánea.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Santiago de Compostela, reunido en sesión ordinaria do día 29 de decembro de 1988, acordou ceder o predio urbano sito no campo de San Domingos de Bonaval no municipio de Santiago de Compostela á Xunta de Galicia.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Santiago de Compostela acordou a cesión, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de maio de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión a título gratuíto, feita polo Concello de Santiago de Compostela, da propiedade do predio urbano sito no campo de San Domingos de Bonaval, que se describe como segue:

Predio urbano sito no sitio campo de San Domingos de Bonaval, no Concello de Santiago de Compostela. Linda: ao norte, predio matriz; ao sur coa rúa Valle Inclán; ao este, predio matriz e ao oeste, coa calella de Caramoniña.

O predio descrito figura inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 a favor do Concello de Santiago de Compostela, no tomo 1.511, libro 457, folio 148, predio nº 41.247.

A referencia catastral do predio é:

7881923NH3478B0001LS.

Artigo 2º

O predio é destinada ao Centro Galego de Arte Contemporánea.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR