Resolución do 15 de maio de 2006 pola que se convoca un curso de especialización en autocad para elaboración de atestados e dispositivos de tráfico.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA
Rango de LeyResolución

Dentro das actividades programadas para o ano 2006, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a celebración dun curso de especialización en autocad para elaboración de atestados e dispositivos de tráfico, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

  1. Perfeccionarse nos coñecementos de expresión gráfica.

  2. Especializarse no manexo de paquetes de deseño para a confección de atestados ou informes.

  3. Adoptar técnicas automatizadas para a representación gráfica nos informes.

    Destinatarios.

    O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local de Galicia e aos membros da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

    Inscrición.

    A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

    Prazas.

    30 prazas.

    Solicitudes.

  4. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

  5. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 6 de xuño de 2006, ás 14.00 horas.

  6. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    Datas.

    O curso terá unha duración total de 60 horas, dividido en dúas partes:

    1. parte: que será presencial, cunha duración de 40 horas lectivas, e que se desenvolverá durante os días 12, 13, 14, 19 e 20 de xuño en horario de 9.30 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 horas.

    2. parte: a distancia, consistente en 20 horas, as cales serán tutorizadas polo profesor ao longo do curso e consistirán na realización dun traballo de acordo co exposto neste.

    Relación de admitidos.

    A relación de admitidos farase pública o día 8 de xuño a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR