Decreto 104/2005, do 6 de maio, de garantía de tempos máximos de espera na atención sanitaria.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

O sistema sanitario galego ten como un dos seus principios básicos a promoción da equidade e o equilibrio territorial no acceso aos servizos e prestacións sanitarios, establecidos no artigo 6 da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia.

Desde a asunción das transferencias do Insalud, no ano 1990, o sistema sanitario galego experimentou un importante desenvolvemento, de tal xeito que hoxe dispón dos medios humanos, materiais e tecnolóxicos para realizar unha asistencia de alta calidade. Porén, a mellora do nivel de vida en Galicia leva consigo o aumento parello da demanda sanitaria, polo que é necesario esta

blecer mecanismos para que os tempos de demora nas prestacións sexan axeitados tanto aos requirimentos asistenciais coma á demanda da poboación.

As listas de espera permiten regular os incrementos puntuais da demanda de servizos sanitarios que superen temporalmente a capacidade do sistema. Unha xestión axeitada da lista de espera constitúe un mecanismo fundamental para a aplicación do principio de equidade, posibilitando, para a mesma patoloxía e gravidade, que se atenda a o paciente que permanecese maior tempo en espera, e que a demora na prestación de servizos sanitarios sexa axeitada desde o punto de vista asistencial.

O rexistro de lista de espera do Sergas xa ven funcionando desde 1995 coas definicións recomendadas polo comité de expertos dependente do Consello Inter

territorial da Saúde, e que se concretaron no Real decreto 605/2003, do 23 de maio, que establece as medidas para o tratamento homoxéneo da información sobre as listas de espera no Sistema Nacional de Saúde.

A Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde, regula as garantías de seguridade, calidade, accesibilidade, mobilidade e tempo no acceso ás prestacións sanitarias.

Tamén a Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, establece no seu artigo 133, letra u) que os usuarios do sistema sanitario público teñen dereito a que determinadas prestacións sanitarias financiadas publicamente lles sexan dispensadas nuns prazos previamente definidos e coñecidos, que serán establecidos regulamentariamente. A extensión deste dereito realizarase de xeito progresivo, atendendo á gravidade, penosidade e impacto das patoloxías na calidade de vida das persoas enfermas, as dispoñibilidades financeiras da Administración sanitaria autonómica e a capacidade resolutiva dos centros, servizos e establecementos sanitarios do sistema sanitario de Galicia e, en todo caso, as intervencións cirúrxicas que se lles deban realizar aos titulares do dereito á protección da saúde e á atención sanitaria financiadas publicamente deberán executarse nun prazo máximo de 180 días naturais desde a inscrición do doente no rexistro da lista de espera, sen prexuízo de que poidan establecerse prazos de resposta inferiores para determinadas intervencións.

Malia que a regulación das listas de espera, contida nas ordes da Consellería de Sanidade do 19 de maio de 2003 e do 13 de xullo de 2004, cumpre cos criterios fixados polo Real decreto 605/2003, do 23 de maio, a Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, ao establecer que determinadas prestacións sanitarias sexan dispensadas en prazos determinados regulamentariamente, contén unha garantía que só se poderá facer efectiva cando se recoñeza que o interesado poida acudir a un centro sanitario acreditado para que se lle preste asistencia nun prazo establecido, dereito que debe conciliarse coas dispoñibilidades asistenciais, orzamentarias e operativas da Administración sanitaria na nosa comunidade autónoma.

Por tal motivo, este decreto pondera estes elementos e establece un procedemento nas intervencións cirúrxicas no...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR