Decreto 266/2003, do 15 de maio, polo que se transforma o conservatorio de música oficial non estatal de grao elemental dependente do Concello de Melide (A Coruña) en conservatorio profesional de música.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, e de acordo co artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 23 de xullo), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden estas competencias.

Por Decreto 394/1991, do 14 de novembro (DOG do 21 de novembro) creouse o conservatorio de música oficial non estatal de grao elemental dependente do Concello de Melide.

Este conservatorio veu impartindo, ademais do grao elemental para o que tiña concedida a autorización definitiva, as ensinanzas de grao medio de música con carácter provisional, primeiro ó abeiro dun convenio asinado o 1 de outubro de 1996, entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Melide, e posteriormente mediante unha autorización provisional concedida pola Orde do 2 de xullo de 2001 (DOG do 22 de agosto).

Mediante estas autorizacións provisionais a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recoñecía a validez académica das ensinanzas de música de grao medio que se impartiran no centro, e comprometíase á creación do conservatorio profesional, unha vez que o concello levase a cabo a adaptación das instalacións ós requisitos mínimos previstos no artigo 15.1º do Real decreto 389/1992, do 15 de abril (Boletín Oficial del Estado do 28 de abril).

Realizadas estas obras de adaptación o Concello de Melide solicita a transformación do conservatorio de música oficial non estatal de grao elemental dependente deste concello en conservatorio profesional de música, para imparti-las ensinanzas dos graos elemental e medio de música que establece a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro).

A Delegación Provincial da Coruña informa do cumprimento efectivo dos requisitos mínimos que establece o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, para os centros que imparten as ensinanzas artísticas regradas previstas no capítulo primeiro do título II da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e de que a estruc

tura e planificación académica do centro se axusta ó disposto no Decreto 253/1993, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR