DECRETO 88/2013, do 30 de maio, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Rango de LeyDecreto

O Decreto 227/2012, do 2 de decembro, estableceu a estrutura orgánica da Xunta de Galicia co fin de adaptala ás necesidades que o momento actual aconsella acometer, fundamentada nos criterios de eficacia, economía e austeridade que inspiran a actuación e a organización administrativa.

O Decreto 234/2012, do 5 de decembro, establece os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, fixando os órganos superiores e de dirección que, pola súa importancia e natureza, procede que queden adscritos funcionalmente á Presidencia.

Procede desenvolver esta estrutura orgánica superior ata o nivel de xefatura de servizo nun texto único que regule conxuntamente e de forma unitaria a estrutura orgánica e correspondentes funcións dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta, tendo como premisas os criterios de máxima eficacia, austeridade e economía na organización administrativa.

Queda recollida no presente decreto a supresión da Secretaría Xeral para o Turismo, prevista no Decreto 234/2012, do 5 de decembro, de conformidade co que establece na disposición adicional primeira do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos. A Axencia de Turismo de Galicia asume a partir da súa constitución efectiva as competencias atribuídas á Secretaría Xeral para o Turismo e os servizos de Turismo das xefaturas territoriais.

A Axencia de Turismo de Galicia queda adscrita orgánicamente á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia, nos termos previstos polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro.

A nova estrutura ten en conta o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia en virtude do previsto na disposición adicional terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Así mesmo, e segundo se prevé no devandito decreto, establécense as oportunas adaptacións na estrutura orgánica para que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia asuma a prestación dos servizos en materia de tecnoloxías da información e da comunicación, de xeito que as devanditas funcións deixan de ser desenvolvidas na Secretaría Xeral de Medios, prevéndose a adscrición a esta Axencia dos órganos e unidades dedicados a estas tarefas, que se suprimen coa presente estrutura.

Mantense a adscrición da Compañía de Radio-Televisión de Galicia á Secretaría Xeral de Medios ata a súa disolución, de acordo coa Lei 9/2011, do 9 de novembro, de medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia.

Na presente estrutura consolídase a modificación operada polo Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, que na área de benestar incorpora a nova Dirección Xeral de Familia e Inclusión, asumindo, xunto coas competencias en materia de familia, infancia, menores e inclusión da Secretaría Xeral de Política Social, as competencias en materia de inmigración que ata o de agora viñan sendo desempeñadas pola Secretaría Xeral da Emigración, órgano superior da Presidencia da Xunta de Galicia.

Finalmente, dende un punto de vista funcional, e tendo en conta as recomendacións da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, o Centro Galego de Artes da Imaxe, creado polo Decreto 210/1989, do 5 de outubro, polo que se crea o e se regula o seu funcionamento, intégrase na Axencia Galega de Industriais Culturais (Agadic), adscrita á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

De conformidade co exposto, en uso das atribucións conferidas polo artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, por proposta da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, co informe previo da Consellería de Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de maio de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo 1 Estrutura
  1. Dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza os seguintes órganos superiores e de dirección:

    1. Secretaría Xeral da Presidencia. Ao dito órgano adscríbese a Dirección Xeral do Gabinete da Presidencia.

    2. Secretaría Xeral de Medios. Ao dito órgano adscríbese a Dirección Xeral de Comunicación.

    3. Secretaría Xeral da Emigración.

    4. Secretaría Xeral para o Deporte.

  2. Queda adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, nos termos previstos no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea esta e se aproban os seus estatutos.

  3. Queda adscrita funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia de Turismo de Galicia, nos termos previstos no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea esta e se aproban os seus estatutos.

Artigo 2 Secretaría Xeral da Presidencia
  1. A Secretaría Xeral da Presidencia configúrase como órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de apoio e asesoramento técnico á Presidencia da Xunta de Galicia, correspondéndolle a realización das seguintes funcións:

    1. Prestar asistencia técnica, apoio e asesoramento á persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia en todo o que a requira.

    2. As funcións ordinarias de despacho que lle son propias, actuando nos asuntos xerais como órgano de comunicación coas consellerías, entidades e organismos que teñan relación coa Presidencia, así como as que lle sexan delegadas pola persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia.

    3. Exercer a coordinación dos órganos adscritos á Secretaría Xeral da Presidencia, sinalados no artigo único, letra a) punto 1 do Decreto 234/2012, do 5 de decembro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

    4. A coordinación das actividades de Protocolo e Relacións Públicas da Presidencia e da Casa de Galicia en Madrid.

    5. A elaboración de estudos e informes para a Presidencia da Xunta.

    6. A coordinación dos asuntos xerais da Presidencia da Xunta, que así o precisen.

    7. A coordinación da elaboración dos orzamentos da Presidencia da Xunta.

    8. A xestión do persoal da Presidencia da Xunta nos termos establecidos no presente decreto.

    9. A elevación e defensa dos asuntos da Presidencia da Xunta na Comisión de Secretarios Xerais e o apoio á persoa titular da Presidencia no sometemento daqueles ao Consello da Xunta.

    10. A xestión da documentación da Presidencia.

    11. As funcións de réxime interior e asuntos xerais da Secretaría Xeral da Presidencia.

    12. As funcións recollidas nas disposicións adicionais do presente decreto.

    13. Aqueloutras que lle asigne o órgano competente ou que lle atribúa o ordenamento xurídico.

  2. A Secretaría Xeral da Presidencia exercerá as competencias e funcións establecidas no artigo 29 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 26.5 da mesma lei.

  3. A Secretaría Xeral da Presidencia poderá reclamar das consellerías e do resto dos órganos superiores e de dirección da Xunta de Galicia cantos informes, datos e documentos considere precisos para o exercicio das funcións que ten encomendadas.

  4. Para o cumprimento das súas funcións, a Secretaría Xeral da Presidencia estrutúrase nas seguintes unidades:

    4.1. Vicesecretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, a que lle corresponden as seguintes funcións:

    1. A coordinación e apoio na dirección e xestión da actividade da secretaría xeral, así como a execución dos proxectos, dos obxectivos ou das actividades que lle sexan asignados pola persoa titular da Secretaría Xeral.

    2. O asesoramento e realización de estudos e informes de carácter técnico-xurídico que lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral.

    3. A elaboración, por requirimento da persoa titular da Secretaría Xeral, de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos a estruturación, planificación, organización, métodos de traballo e de mellora da xestión dos diferentes procedementos administrativos.

    4. A xestión da correspondencia de particulares que se dirixan á persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia.

    5. A coordinación da elaboración do anteproxecto de gastos da Presidencia da Xunta de Galicia, a elaboración do anteproxecto de orzamentos de gastos da Secretaría Xeral da Presidencia, así como o seguimento e control da súa execución.

    6. A programación das necesidades de persoal da Presidencia, en colaboración cos distintos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia, a coordinación da elaboración da relación de postos de traballo, e a xestión do persoal adscrito á Presidencia da Xunta de Galicia, que inclúe a xestión económica e habilitación de pagamentos relativos ao capítulo I.

    7. A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á Presidencia da Xunta de Galicia, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

    8. O réxime interior, a asistencia técnica, a coordinación administrativa e outras funcións de contido administrativo que lle atribúa a persoa titular da Secretaría Xeral, así como a sinatura dos asuntos de trámite de competencia do/a secretario/a xeral.

    9. A asistencia á persoa titular da Secretaría Xeral da Presidencia para o estudo e preparación das reunións da Comisión de Secretarios Xerais e coordinación e seguimento dos asuntos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR