Decreto 265/2003, do 15 de maio, polo que se concede autorización para implantar estudios conducentes ás titulacións que se citan no Sistema Universitario de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia (DOG nº 156, do 16 de agosto), supuxo a realización dunha planificación xeral do sistema. A esta planificación contribuíron decisivamente diversos decretos de creación de centros e de autorización de implantación de estudios.

Unha vez rematado o proceso de expansión do Sistema Universitario de Galicia, trabállase a prol da súa consolidación, atendendo expresamente os problemas derivados da definición específica de cada campus.

Baixo a formulación xeral exposta, neste decreto considérase a implantación de estudios conducentes a novas titulacións no Sistema Universitario de Galicia, unha vez cumpridos xa tódolos requisitos previos ó acto formal de creación por parte da Xunta de Galicia.

Esta implantación incorpora dúas novas titulacións ós campus centrais e unha ós periféricos, á inversa do que se fixo no ano 1998, agás no Campus de Lugo, no que entón se autorizou unha e agora propóñense dúas.

Con este decreto dáselle cumprimento á autorización de implantación de catro novas titulacións na Universidade de Santiago de Compostela, dúas no seu Campus de Lugo e dúas no seu Campus de Santiago de Compostela; de tres novas titulacións na Universidade da Coruña, dúas no seu Campus da Coruña e unha no seu Campus de Ferrol; e de

catro novas titulacións na Universidade de Vigo, dúas no seu Campus de Vigo, unha no seu Campus de Ourense e unha no seu Campus de Pontevedra.

Estas implantacións inscríbense no marco de aplicación dos principios de completitude e complementariedade interdisciplinar para grandes áreas científicas e de especialización de campus establecidos na LOSUG, na reorganización dos centros e no aproveitamento dos recursos existentes no Sistema Universitario de Galicia.

Por todo isto, en aplicación do artigo 8.2º da Lei orgánica 6/2001, de universidades, e do artigo 2.4º da Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da universidade e do Consello Universitario de Galicia, por instancia dos consellos sociais das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, co informe dos consellos de Goberno das citadas universidades, oído o Consello Universitario de Galicia, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (DOG nº 208, do 28 de outubro), por proposta do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR