Decreto 106/2004, do 27 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyDecreto

Polos decretos 306/2001, do 15 de decembro, e 310/2001, do 17 de decembro, estableceuse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos seus departamentos; pola súa vez, polo Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, estableceuse a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, que foi modificada polos decretos 333/2002, do 22 de novembro, e 366/2003, do 2 de outubro.

Para efectos de cumprir os principios de eficacia, desconcentración e racionalización da organización da Consellería de Medio Ambiente, cómpre promulgar un novo decreto de estrutura no que se recollan, nun texto único, modificacións xa realizadas e outras que permitan acadar unha mellor consecución dos seus obxectivos en atención aos devanditos principios.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, logo de informe das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de maio de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Medio Ambiente é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións que en materia de ambiente e conservación da natureza se establecen nos artigos 27.10º, 11º, 15º e 30º e 29.4º do Estatuto de autonomía de Galicia e demais normativa de aplicación, en especial na normativa sobre protección ambiental de Galicia.

Artigo 2º
  1. Para o desempeño das súas funcións a Consellería de Medio Ambiente estrutúrase nos seguintes órganos:

    1. O Conselleiro.

    2. Secretaría Xeral.

    3. Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

    4. Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

    5. Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

    6. Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible.

    7. Delegacións provinciais.

    8. Órganos colexiados.

  2. Adscríbese á Consellería de Medio Ambiente o organismo autónomo Augas de Galicia.

    1. O Conselleiro

Artigo 3º

O Conselleiro é a superior autoridade da consellería e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

  1. Secretaría Xeral

Artigo 4º
  1. A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, así como aquelas que lle sexan delegadas polo titular da consellería.

  2. A Secretaría Xeral contará, como órgano de apoio, coa Vicesecretaría Xeral que, baixo a súa dependencia directa e con nivel orgánico de subdirección xeral, exercerá as seguintes funcións:

    1. A elaboración, por requirimento do secretario xeral, de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos á estruturación, planificación, organización, métodos de traballo e de mellora da xestión dos diferentes procedementos administrativos.

    2. O asesoramento e a realización de estudos e informes de carácter xurídico-administrativo nas materias competencia do departamento que lle sexan encomendadas polo secretario xeral.

    3. O estudo, por pedimento do secretario xeral, dos expedientes que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais.

    4. O rexistro e arquivo das disposicións legais emanadas da consellería, así como levar a cabo as compilacións e refundicións das normas emanadas desta.

    5. A coordinación das publicacións e edicións audiovisuais da consellería e as funcións relativas á representación dela na Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia, así como a información xeral e a difusión das publicacións ambientais.

    6. A coordinación e o seguimento dos proxectos de obras da consellería e da execución material destes, así como funcións de inspección relativas ao funcionamento dos servizos, propoñendo, se é o caso, as medidas correctoras que procedan.

    7. Substituír o secretario xeral da consellería nos casos de ausencia, enfermidade ou vacante deste.

    8. En xeral, cantos asuntos lle sexan encargados, por razón da súa competencia, polo secretario xeral.

      A Vicesecretaría Xeral contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

      2.1. Servizo Técnico Xurídico, coas funcións de:

    9. Informe e tramitación de todos os proxectos de disposición de carácter xeral que elaboren os distintos centros directivos da consellería, das recompilacións e refundicións de normas e, en xeral, de todos aqueles asuntos que por razón da súa competencia lle sexan encomendados polo secretario xeral.

    10. Preparación e informe dos asuntos que se elevarán ao Consello da Xunta de Galicia e ás comisións delegadas e o traslado dos seus acordos, así como informe sobre os recursos presentados contra os actos administrativos emanados da consellería.

    11. Coordinación da publicación de toda clase de disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da consellería que deban ser publicados no Diario Oficial de Galicia.

    12. Coordinación das actuacións da consellería en relación coas fundacións de interese galego sobre as que esta exerza o protectorado, levando para ese efecto os libros de rexistro.

      2.2. Servizo de Apoio Técnico e Administrativo, coas funcións de asistencia técnica ao vicesecretario para o exercicio das súas funcións e custodia do rexistro e arquivo das disposicións legais emanadas da consellería. Para ese efecto, formulará os informes que por razón da súa competencia lle sexan requiridos pola Vicesecretaría Xeral.

  3. Para o exercicio das súas funcións, a Secretaría Xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

    3.1. Subdirección Xeral de Recursos Humanos e Coordinación Administrativa, que exercerá as funcións relativas ao persoal funcionario e laboral e a xestión económica relativa aos gastos de persoal, a coordinación dos servizos de carácter xeral e do réxime interno do funcionamento; así mesmo, encargarase dos asuntos referentes ao sistema de informatización e proceso de datos e a racionalización administrativa de todos os servizos da consellería.

    Para iso contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

    3.1.1. Servizo de Persoal e Coordinación Administrativa, coas funcións de ordenación e control da xestión dos recursos humanos da consellería, en especial da xestión e a administración ordinaria do persoal funcionario e laboral e o seguimento e control do rexistro deste persoal, así como das relativas á coordinación administrativa, rexistro xeral e unidade de información.

    3.1.2. Servizo de Informática, coas funcións de asesoría técnica, execución, proposta, coordinación e supervisión dos plans de informatización de todas as unidades administrativas da consellería, para automatizar, axilizar e mellorar o seu funcionamento, sen prexuízo das competencias da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e das estipulacións contidas no Decreto 255/2003, do 8 de maio.

    Para este efecto corresponderanlle as seguintes funcións:

    1. Administración de sistemas, incluíndo a súa instalación, mantemento e actualización.

    2. Atención e formación dos usuarios.

    3. Detección de oportunidades de novos desenvolvementos, planificación e execución deles e xestión e mantemento dos desenvolvementos en fase de explotación.

    4. Definición e cumprimento das políticas de seguridade e protección de datos, en coordinación coa Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos de acordo coas competencias que ten asignadas a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e das estipulacións contidas no Decreto 255/2003.

    5. Selección do material e productos necesarios para implantar os cambios tecnolóxicos ao servizo das necesidades emerxentes na consellería.

    3.2. Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, que exercerá as funcións relativas á elaboración dos anteproxectos de orzamentos da consellería, a súa execución, seguimento e coordinación así como a tramitación dos expedientes de contratación administrativa.

    Para iso contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

    3.2.1. Servizo de Xestión Orzamentaria, coas funcións de confección dos anteproxectos de orzamentos da consellería, control da xestión económica dos orzamentos e execución do gasto das diversas unidades da consellería, elaboración de informes de xestión, tramitación de expedientes de modificación orzamentaria, seguimento e control das contas autorizadas da consellería, elaboración de instrucións para unha correcta xestión, así mesmo, encargarase de todos aqueles asuntos ou materias que pola súa natureza análoga lle sexan encomendados.

    3.2.2. Servizo de Contratación, coas funcións de coordinación e, se é o caso, elaboración dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas dos contratos da consellería, elaboración de informes e instrucións sobre a materia, seguimento e control da execución dos expedientes de contratación, seguimento e control dos convenios en que sexa parte a consellería; así mesmo, encargarase de todos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR