Decreto 310/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

De conformidade co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei 8/2008, de saúde de Galicia, correspóndelle á Consellería de Sanidade a coordinación do Sistema de Saúde de Galicia, conforme os principios reitores de universalidade do dereito aos servizos e ás prestacións de cobertura pública, a orientación de cara á cidadanía e á participación social e comunitaria na formulación de políticas, a promoción da equidade e do equilibrio territorial no acceso e na prestación dos servizos sanitarios e a integración funcional de todos os recursos públicos, e a eficacia, efectividade e eficiencia na xestión do Sistema Público de Saúde de Galicia, entre outros.

Para alcanzar os obxectivos establecidos, a Consellería de Sanidade debe contar cunha organización sanitaria que actúe coa máxima eficacia no ámbito da protección e coidado da saúde que ten encomendado.

O compromiso de austeridade, eficacia e eficiencia no deseño e funcionamento da Administración da Xunta de Galicia, adquirido polo Goberno e plasmado no Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, debe ter a necesaria translación e reflexo nas normas regulamentarias que establecen a estrutura orgánica dos seus distintos departamentos, entre os que se atopa a Consellería de Sanidade.

Esta nova dimensión organizativa reflíctese xa no Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, que no seu artigo 6 establece como órganos superiores da Consellería de Sanidade a súa Secretaría Xeral e a Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación, o que implica a redución e racionalización da estrutura que anteriormente tiña asignada o mesmo departamento.

Así mesmo, convén destacar o alcance do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia, e a súa incidencia -directa e indirecta- na configuración periférica da Administración autonómica e dos distintos departamentos que a integran.

En particular, polo que se refire á estrutura de Administración periférica, este decreto recolle o modelo organizativo plasmado no Decreto 245/2009, de tal maneira que, en aplicación dos principios de racionalidade, eficiencia e austeridade, o Departamento Territorial de Pontevedra estende a súa competencia a todo o ámbito provincial, sen prexuízo das funcións de coordinación que corresponden aos delegados territoriais de Pontevedra e Vigo no seu respectivo ámbito territorial, de acordo co artigo 2 de norma citada.

Estes cambios esenciais na filosofía organizativa e na xestión pública deben ter a necesaria continuidade na norma de estrutura da Consellería de Sanidade, co obxecto de responder ás demandas e necesidades que a xestión do ámbito competencial propio establece a propia organización e os destinatarios da súa actividade, atendendo a criterios de eficiencia e racionalidade no gasto público, ao establecer unha nova estrutura da consellería.

De conformidade co establecido anteriormente, recóllense nun único centro directivo, tal como foi acordado no Consello da Xunta de Galicia do 23 de abril de 2009, as funcións que ata ese momento correspondían á Dirección Xeral de Saúde Pública e á Dirección Xeral de Aseguramento e Planificación Sanitaria.

Con respecto ao modelo organizativo, mantense o criterio de separar a planificación, o financiamento e a avaliación da xestión do Sistema Público de Saúde de Galicia, que corresponden á Consellería de Sanidade, e a execución das prestacións que lle corresponden ao Servizo Galego de Saúde, organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á Consellería de Sanidade, segundo o establecido na Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Así mesmo, faise mención na estrutura orgánica aos órganos de consulta, asesoramento e coordinación existentes na consellería.

Este decreto dítase ao abeiro do establecido nas disposicións transitorias primeira e segunda do Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Polo tanto, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa presidencia, por proposta da conselleira de Sanidade, co informe previo da Consellería de Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de maio de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º A Consellería de Sanidade.
  1. A Consellería de Sanidade é o órgano da Administración autonómica responsable da superior dirección e control do desenvolvemento das funcións e competencias que lle corresponden á Xunta de Galicia en materia de sanidade, de acordo co establecido nos artigos 27.23º, 28.8º e 33 do Estatuto de autonomía de Galicia e que lle foron asignadas polo Decreto 28/1980, do 15 de outubro, polo artigo 76 da Lei 8/2008, de 10 de xullo, de saúde de Galicia e pola Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica.

  2. Así mesmo, correspóndelle o exercicio das competencias que para situacións sanitarias urxentes ou de necesidade se recollen na Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de saúde pública.

Capítulo I

Servizos centrais

Artigo 2º Estrutura.
  1. A Consellería de Sanidade, para o cumprimento das súas funcións, contará coa seguinte estrutura nos seus servizos centrais:

    1. A conselleira ou o conselleiro.

    2. A Secretaría Xeral.

    3. A Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación.

  2. O Servizo Galego de Saúde, organismo autónomo de carácter administrativo creado pola Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, de creación do Servizo Galego de Saúde, estará adscrito á Consellería de Sanidade.

Artigo 3º A conselleira ou conselleiro.

A conselleira ou conselleiro de Sanidade é a superior autoridade da consellería, e con tal carácter desempeña e exerce as competencias que lle confiren a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, de 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo; e a Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas, en relación co Decreto 254/1997, do 10 de setembro, e a Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica.

Artigo 4º A Secretaría Xeral.
  1. A Secretaría Xeral exercerá as funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación con todas as unidades e servizos dependentes da Consellería de Sanidade e a inspección dos servizos, centros e organismos dependentes ou adscritos á consellería, sen prexuízo das funcións que se lles atribúan a outros órganos dos diferentes departamentos da Xunta de Galicia.

  2. Correspóndenlle tamén:

  1. Con respecto aos sistemas e tecnoloxías de información, e baixo a perspectiva de articular un proxecto único para a Consellería de Sanidade e para o Servizo Galego de Saúde, o deseño da estrutura básica do sistema de información do sistema sanitario de Galicia, a normalización, mantemento e explotación dos sistemas e tecnoloxías de información e a definición, coordinación e supervisión dos plans de información e sistemas da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, sen prexuízo das funcións atribuídas a outros órganos dos diferentes departamentos da Xunta de Galicia. A Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade poderá definir e articular as comisións técnicas necesarias para o desenvolvemento das funcións desta unidade.

  2. A inspección que se exercerá sobre todos os centros, servizos, establecementos e prestacións sanitarias e farmacéuticas de titularidade pública ou privada e outros establecementos suxeitos a control sanitario da Comunidade Autónoma de Galicia. Os efectivos que desenvolvan esta función, que teñen o carácter de autoridade, dependerán orgánica e funcionalmente da Secretaría Xeral.

  3. A ordenación e o exercicio das potestades disciplinarias dos recursos humanos da consellería e do Servizo Galego de Saúde, sen prexuízo das competencias atribuídas á Consellería de Facenda.

  4. A iniciación, de oficio ou por proposta do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, dos procedementos sancionadores a establecementos farmacéuticos, así como as funcións que lle atribúen as normas reguladoras das oficinas de farmacia; dos servizos de farmacia e depósitos de medicamentos nas estruturas de atención primaria; das boticas anexas e dos establecementos de fabricación, distribución e de venda de produtos sanitarios.

  5. A elaboración e redacción do proxecto de orzamento da consellería, o establecemento de bases e directrices da xestión económica, e a ordenación dos investimentos, instalacións, equipamentos e outros gastos e pagamentos da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR