Decreto 303/2009, do 21 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, foi aprobado polo actual Goberno galego como desenvolvemento dun programa político asentado nos criterios de máxima eficacia, austeridade e economía na súa actuación e organización administrativa.

De acordo con estes criterios foron aprobados os decretos 82 e 83/2009, do 21 de abril, polos que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, respectivamente, obedecendo ambos aos postulados de redución e reorganización de departamentos e órganos da Xunta de Galicia.

Dentro deste proceso, cabe aludir, pola súa relevante significación en termos de compromiso de austeridade, eficacia e racionalización da xestión, á reformulación da estrutura da Administración autonómica periférica da Xunta de Galicia operada coa aprobación do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Como consecuencia do novo marco departamental derivado das disposicións que quedan citadas nos parágrafos anteriores, procede configurar a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza cunha nova estrutura orgánica que recolla os principios aludidos que deben rexer todas as actuacións do novo executivo, e que, trasladados a este departamento, se traduzan nunha maior racionalidade e eficacia no desenvolvemento competencial e de xestión das funcións que ten atribuídas.

Seguindo estas premisas, o novo modelo de estrutura orgánica aposta por unha clara redución e simplificación de órganos que se constata, de maneira particularizada, tanto no que respecta á supresión por fusión como á transformación de diversos órganos noutros de nivel inferior que se aplica na organización da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, e na da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, co informe previo da Consellería de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e un de maio de dous mil nove,

DISPOÑO:

Título I

Ámbito competencial e organización xeral

da consellería

Artigo 1º Ámbito competencial.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, configurada como órgano de apoio e asistencia á Presidencia da Xunta de Galicia, é o departamento da Xunta de Galicia ao cal lle corresponde, sen prexuízo das demais competencias que legal e regulamentariamente teña atribuídas, a elaboración, proposta e execución da política do Goberno galego en materia de xustiza, Administración local, relacións institucionais e parlamentarias, emerxencia e interior, relacións exteriores e coa Unión Europea e avaliación e reforma administrativa, que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos que integran este departamento.

Artigo 2º Estrutura da consellería.
  1. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, baixo a superior dirección do seu titular, contará para o exercicio das súas funcións coa seguinte estrutura orgánica:

  1. O/a conselleiro/a.

  2. A Secretaría Xeral.

  3. A Dirección Xeral de Xustiza.

  4. A Dirección Xeral de Administración Local.

  5. A Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.

  6. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

  7. A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

  8. A Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

Artigo 3º Órganos adscritos organicamente á consellería.
  1. Os órganos superiores previstos no artigo único do Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, así como o organismo autónomo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

  2. As delegacións territoriais da Xunta de Galicia na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo quedan adscritas organicamente á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sen prexuízo das directrices, instrucións ou criterios que emanen na orde funcional dos diversos órganos superiores das consellerías que correspondan por razón das distintas competencias materiais, e exercerán as competencias previstas no artigo 7 do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

  3. As secretarías territoriais, con nivel orgánico de subdirección xeral, dependen orgánica e funcionalmente dos delegados ou delegadas territoriais, e exercerán as seguintes funcións:

    1. Apoio e asesoramento ao delegado ou delegada territorial no exercicio das súas competencias.

    2. Substitución do delegado ou delegada territorial en caso de vacante, ausencia ou enfermidade deste.

    3. Cantas outras competencias lles sexan atribuídas ou delegadas.

  4. Así mesmo, quedan adscritos a esta consellería as delegacións da Xunta de Galicia no exterior, os órganos colexiados en que así se determine pola súa normativa reguladora e o Instituto de Medicina Legal de Galicia, órgano técnico ao servizo da Administración de xustiza, creado polo Decreto 119/2005, do 6 de maio.

Artigo 4º Organismos autónomos e demais entes do sector público.

Quedan adscritos a esta consellería os seguintes organismos:

  1. Escola Galega de Administración Pública, que se axustará nos seus fins, estrutura e funcionamento ao disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio.

  2. Academia Galega de Seguridade Pública, que se axustará nos seus fins, estrutura e funcionamento ao disposto na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro.

  3. A Axencia Galega de Emerxencias, que se axustará nos seus fins, estrutura e funcionamento ao disposto na Lei 5/2007, do 7 de maio.

Título II

Servizos centrais

Capítulo I

Artigo 5º O/a conselleiro/a.
  1. O/a conselleiro/a é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investido/a das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

  2. O/a conselleiro/a de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza actuará como secretario/a do Consello da Xunta de Galicia e das comisións delegadas do Goberno galego.

Capítulo II

Da Secretaría Xeral

Sección primeira

Da secretaría xeral

Artigo 6º Atribucións.

A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, polo que se regulan as funcións das secretarías xerais técnicas nas consellerías da Xunta de Galicia, e correspóndenlle en particular:

  1. O secretariado do Goberno da Xunta de Galicia e das súas comisións delegadas, coa excepción da asistencia ás súas sesións, exercendo as competencias sinaladas no Decreto 111/1984, do 25 de maio, polo que se aproba o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR