Decreto 138/2005, do 12 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Tomiño, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de colector xeral de Tomiño, 2ª fase.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

O Concello de Tomiño, en sesión celebrada o día trinta e un de outubro de dous mil catro, aprobou o proxecto de colector xeral de Tomiño, 2ª fase e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitados informes á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, estes foron emitidos favorablemente, facendo mención neste último á adopción dunha serie de condicións para a realización do citado proxecto.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, a actuación consiste na prestación do servizo obrigatorio de rede de sumidoiros e tratamento de augas residuais, xa que neste

momento a falla desta infraestrutura está a crear no municipio problemas de salubridade, como consecuencia dos vertidos sen control que se están a producir, e que afectan á totalidade dos veciños, e que se debe poñer fin aos inmediatos e evidentes problemas sanitarios que se están a crear debido á carencia da citada infraestrutura neste municipio, evitando, así mesmo, os vertidos de augas residuais que se están a producir no río Miño.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR