Decreto 259/2003, do 2 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Ortigueira, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de urbanización das vías da Vicoña e posterior.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Ortigueira, en sesión do día oito de marzo de dous mil dous, aprobou o proxecto de urbanización das vías da Vicoña e posterior, e na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. Este informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día oito de abril de dous mil tres.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o concello, a zona se atopa nunha zona límite do núcleo urbano bastante poboada e os seus habitantes -cunha alta porcentaxe de idade avanzada-, non contan con zonas seguras, ó non ter continuidade as beirarrúas, cunha calzada que non reúne as condicións de seguridade adecuadas, e cunha insuficiente iluminación pública, que permita realiza-los desprazamentos desde as súas casas cun mínimo de seguridade, nun lugar onde o tráfico é bastante frecuente e fluído, co risco que entraña de provocar danos e accidentes. Así mesmo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR