Decreto 271/2003, do 22 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Viveiro, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de recuperación das marismas do Landro.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Viveiro, en sesión do día vintecinco de outubro de dous mil dous, aprobou o proxecto de recuperación das marismas do Landro e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do Concello de Viveiro foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente, con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local do día dous de xaneiro de dous mil tres.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día dezasete de decembro de dous mil dous.

A Consellería de Medio Ambiente emitiu o seu informe sobre o proxecto. Este informe tivo data de entrada no rexistro da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día dous de maio de dous mil tres.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o concello, a actuación é necesaria para a conservación e o uso racional das zonas húmidas e a recuperación definitiva da marisma, polo que hai que proceder a corrixi-los impactos negativos que a afectan e conseguir un uso racional dos recursos naturais, o que levaría á preservación desta zona no futuro. Para iso considérase prioritario

ter un acceso controlado ó longo do río Landro para poder preserva-los seus recursos e que non se deteriore pola acción do home, sendo necesaria...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR