Decreto 108/2007, do 24 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Narón, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de urbanización de rúa de nova apertura nas Viñas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Concello de Narón, en sesión celebrada o día vinte e catro de novembro de dous mil seis, aprobou o proxecto de urbanización de rúa de nova apertura nas Viñas e, na sesión do vinte e nove de decembro de dous mil seis, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

O dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

O expediente foi tratado na comisión de secretarios xerais previa á súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

O expediente contén a documentación a que se refire o artigo primeiro da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia, considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o concello, a actuación é necesaria para dotar a zona duns servizos que, debido ao constante crecemento demográfico e urbanístico do concello, se están a demandar en prol da consecución de mellores condicións de seguranza e salubridade, sendo precisa a apertura e completa urbanización da rúa, por razóns de salubridade da poboación, debido á existencia de focos infecciosos producidos polos pozos negros ou fosas sépticas, que non cumpren coa normativa ambiental e sectorial aplicable a este tipo de instalacións, e que supoñen un grave perigo, non só para a consecución dun ambiente sustentado, senón que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR