DECRETO 176/2012, do 27 de agosto, polo que se establecen as normas sobre os medios materiais que se utilizarán nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A disposición adicional primeira da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, faculta a Xunta de Galicia para que dite as disposicións precisas para o cumprimento e execución do previsto nesa lei.

Con base nesta facultade, o Decreto 273/2008, do 18 de decembro, en desenvolvemento da disposición aludida, estableceu as normas sobre urnas, cabinas, papeletas, sobres e documentación que se utilizaron nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009, remitíndose, como lexislación supletoria, no non previsto nel, á normativa reguladora das eleccións ao Congreso dos Deputados das Cortes Xerais.

Atendendo á necesaria integración dos principios previstos na Lei electoral autonómica no marco da normativa electoral xeral, e de conformidade co Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais, modificado, pola súa vez, polo Real decreto 1382/2002, do 20 de decembro, pola Orde INT/2838/2003, do 14 de outubro; polo Real decreto 1621/2007, do 7 de decembro, polo que se regula un procedemento de votación para os cidadáns españois que se atopan temporalmente no estranxeiro, pola Orde INT 3816/2007, do 19 de decembro, pola Orde INT/662/2011, do 23 de marzo, pola Orde INT/1025/2009, do 28 de abril, e pola Orde INT/2609/2011, do 28 de setembro, polo que se modifican determinados anexos do Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais, resulta conveniente modificar o preceptuado polo citado Decreto 273/2008.

De acordo con estas directrices e coa experiencia acumulada nos sucesivos procesos electorais acaecidos na nosa comunidade autónoma, este decreto, que derroga o Decreto 273/2008, do 18 de decembro, constituirá o marco normativo que regulará os medios materiais para utilizar no proceso electoral autonómico, o que redundará nunha maior claridade e sinxeleza da norma en beneficio das forzas políticas que concorran aos comicios autonómicos e dos propios electores.

Por todo o exposto e en virtude da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, que faculta, na súa disposición adicional primeira, a Xunta de Galicia para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o seu cumprimento e execución, faise necesario modificar a redacción da vixente norma sobre urnas, cabinas, papeletas, sobres e demais impresos que se van utilizar nas eleccións ao Parlamento de Galicia.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de agosto de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo 1 Locais electorais

Os locais que se utilicen nas eleccións ao Parlamento de Galicia reunirán as condicións necesarias para o seu fin, estarán perfectamente sinalizados no referente a seccións e mesas, serán preferentemente de titularidade pública e de carácter docente, cultural ou recreativo, e deberán ser accesibles ás persoas con limitacións de mobilidade.

Os concellos deberán sinalizar convenientemente os locais correspondentes a cada sección e mesa electoral.

A Xunta de Galicia porá ao dispor dos concellos os medios económicos e materiais que lles permitan levar a cabo o acondicionamento dos locais electorais.

Artigo 2 Urnas

Cada mesa electoral disporá dunha urna que se axustará ás características que figuran no Real decreto 1382/2002, do 20 de decembro, e na Orde INT/2838/2003, do 14 de outubro, e na Orde INT/662/2011, do 23 de marzo, pola que se modifican os anexos do Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais.

Agora ben, no caso de non existiren urnas en número suficiente para este proceso electoral, considerarase válida a utilización de urnas conforme o modelo vixente anteriormente.

Excepcionalmente, e cando o número de electores correspondentes a unha mesa o aconselle, porase ao dispor dos votantes unha segunda urna, coas características sinaladas no parágrafo primeiro. Previamente á súa utilización, o presidente da mesa verificará que se atopa baleira e situaraa de par da xa utilizada, que será debidamente pechada, e a partir dese momento procederase a utilizar exclusivamente a segunda urna.

As urnas, despois de montadas e precintadas, serán entregadas, contra recibo, aos presidentes das mesas electorais a través dos secretarios dos concellos.

Os precintos consistirán nun peche que impida a apertura da urna sen coñecemento dos membros da mesa e dos interventores. De se producir a ruptura ou deterioración do precinto, o presidente da mesa, se non puider obter oportunamente outra urna da Xunta Electoral de Zona, asegurará o peche dela con calquera elemento que teña ao seu dispor.

A Xunta de Galicia porá ao dispor dos concellos os medios económicos que lles permitan levar a cabo a montaxe, a desmontaxe e o transporte de urnas.

Artigo 3 Cabinas

No mesmo cuarto en que se desenvolva a votación e en lugar intermedio entre a entrada e a mesa electoral, existirá, polo menos, unha cabina na que o votante poderá seleccionar as papeletas electorais e introducilas nos correspondentes sobres. No seu interior, nos compartimentos destinados para o efecto ou de par da cabina, haberá unha mesa con número suficiente de sobres e papeletas de cada candidatura.

As cabinas que se utilicen nas eleccións ao Parlamento de Galicia axustaranse ás características do Real decreto 1382/2002, do 20 de decembro, da Orde INT/2838/2003, do 14 de outubro, da Orde INT/662/2011, do 23 de marzo, e da Orde INT/3816/2007, do 19 de decembro, pola que se modifican determinados anexos do Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais.

Agora ben, no caso de non existiren cabinas en número suficiente para este proceso electoral, considerarase válida a utilización de cabinas conforme o modelo vixente anteriormente.

As cabinas, despois de montadas, seranlles entregadas, contra recibo, aos presidentes das mesas electorais a través dos secretarios dos concellos.

A Xunta de Galicia porá ao dispor dos concellos os medios económicos que lles permitan levar a cabo a montaxe, a desmontaxe e o transporte de cabinas.

Artigo 4 Papeletas e sobres

As papeletas e sobres electorais conterán as características que se sinalan no artigo 32 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, axustándose ás características e condicións de impresión sinaladas nos anexos I e II deste decreto.

De acordo co disposto no punto 4º do artigo 31 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, os delegados territoriais da Xunta de Galicia asegurarán a entrega de papeletas e sobres en número suficiente ás mesas electorais.

Artigo 5 Impresos electorais

Apróbanse os modelos de impresos que figuran nos anexos III ao IX deste decreto, que serán de utilización...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR