Decreto 173/2007, do 30 de agosto, polo que se establece a forma de designación dos membros que integran o Consello Galego de Estatística.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Lei 16/2006, do 27 de decembro, do Plan galego de estatística 2007-2011, que modifica a Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, introduce cambios na composición do Consello Galego de Estatística previsto nos artigos 45 e seguintes desta última. Como consecuencia desta modificación cómpre determinar a nova forma de designación dos seus membros.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, de conformidade co ditame do Consello Consultivo e logo de deliberación no Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de agosto de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º Composición.

O Consello Galego de Estatística estará composto polos seguintes membros:

  1. A presidenta ou presidente, que será a conselleira ou conselleiro de Economía e Facenda.

  2. A vicepresidenta ou vicepresidente, que será a directora ou director do Instituto Galego de Estatística.

  3. As vogalías, coa seguinte distribución:

    1. Unha persoa representante por cada un dos departamentos da Xunta de Galicia (Presidencia, Vicepresidencia, consellerías), con rango de secretario ou director xeral, designada polo órgano de que dependa.

    2. Dúas persoas en representación do Consello das Cámaras de Comercio Galegas, designadas polo dito órgano.

    3. Dúas persoas en representación da asociación empresarial intersectorial máis representativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

    4. Unha persoa representante designada por cada unha das organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

      Para determinar as organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma aplicarase o disposto no artigo 7.1º da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

    5. Tres persoas en representación das organizacións profesionais de agricultores da Comunidade Autónoma de Galicia, designadas polo Consello Agrario Galego.

    6. Dúas persoas en representación das organizacións de mariñeiros, designadas pola Federación Galega de Confrarías.

    7. Dúas persoas en representación das organizacións de consumidores e usuarios, designadas polo Consello Galego de Consumidores e Usuarios.

    8. Dúas persoas en representación da Administración local, designadas pola Federación Galega de Municipios e Provincias.

    9. Unha persoa representante por cada unha das universidades de Galicia...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR