DECRETO 167/2011, do 4 de agosto, polo que se modifica o Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas e se actualiza o dito catálogo.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de aplicar medidas específicas de protección para as especies ameazadas, aprobou mediante a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, a creación do Catálogo galego de especies ameazadas.

O dito catálogo regulouse mediante o Decreto 88/2007, do 19 de abril, e nel establécese o procedemento de catalogación, descatalogación ou cambio de categoría dunha especie, previsto para cando exista información científico-técnica que así o aconselle.

De acordo con este decreto, cando o obxecto do procedemento sexa a inclusión ou exclusión dunha especie no Catálogo galego de especies ameazadas, a resolución disto realizarase mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia. Asemade, o dito decreto establece que a dirección xeral competente en materia de conservación da natureza incluirá directamente no Catálogo galego de especies ameazadas aquelas especies que foran previamente obxecto de catalogación no Catálogo nacional de especies ameazadas.

Posteriormente, mediante o Decreto 260/2007, do 13 de decembro, creouse o Observatorio Galego da Biodiversidade como órgano colexiado de asesoramento e consulta en materia de conservación da biodiversidade de Galicia, incluíndo entre as súas funcións informar a dirección xeral competente sobre a catalogación, descatalogación e cambio de categoría de ameaza das especies de fauna e flora no Catálogo galego de especies ameazadas.

Na data do 5 de marzo de 2008 solicítase por instancia da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia a catalogación de Quercus lusitanica no Catálogo galego de especies ameazadas, solicitude que recibe o informe favorable do Observatorio Galego da Biodiversidade, na súa sesión do 25 de setembro de 2008. Visto este ditame, e tras elaborar unha memoria técnico xustificativa, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza propón catalogar a poboación do monte Pindo da dita especie dentro da categoría de vulnerable.

Por último, na data do 4 de febreiro de 2011, apróbase o Real decreto 139/2011, do 4 de febreiro, para o desenvolvemento da Lista de especies silvestres en réxime de protección especial e do Catálogo español de especies ameazadas, creado mediante a Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, no cal se inclúen novas especies que contan con presenza en Galicia dentro das...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR