Decreto 416/2003, do 27 de novembro, sobre axudas ós usuarios da A-9, entre Vigo e O Morrazo residentes na provincia de Pontevedra e entre A Coruña e A Barcala residentes na provincia da Coruña.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

O día 20 de novembro de 2002 (correción de erros do 22 de novembro) publicouse o Decreto 307/2002, sobre axudas ós usuarios da A-9 entre Vigo e O Morrazo residentes na provincia de Pontevedra. Este decreto regula o réxime de axudas para subvenciona-la peaxe da A-9 entre Vigo e O Morrazo e entre A Coruña e A Barcala. A publicación deste decreto veu substituí-lo publicado o 11 de xaneiro de 2002 e no que se introduciron modificacións para mellora-la xestión do sistema e dar resposta ás diversas situacións presentadas. O novo decreto supuxo un importante paso na mellora da xestión, tanto polo volume de traballo ó que se puido facer fronte coma a eficacia acadada con respecto ó ano anterior. Non obstante existen aspectos que poden ser mellorados de cara a un servicio centrado nos cidadáns, facilitándolle-lo acceso sinxelo a esta axuda.

Por outra banda, durante 2003 implantouse na Autoestrada do Atlántico a peaxe dinámica, mediante un dispositivo chamado OBE, que permite a lectura dos datos sen necesidade de para-lo vehículo. O bono peaxe emprega unha tarxeta con banda magnética tradicional; non obstante, é susceptible de ser incluído e beneficiarse das vantaxes que implica a peaxe dinámica e deste xeito facilita-lo seu uso polos beneficiarios da subvención.

Cómpre pois, realiza-las modificacións no Decreto 307/2002 que melloren as condicións nas que se desenvolve este réxime de axudas e os medios técnicos de implementación, resultando conveniente publicar un novo texto completo.

Este réxime de axudas lévase a cabo conxuntamente coas deputacións da Coruña e Pontevedra, para o que desde o ano 2001 se asinaron convenios de colaboración que veñen regular esta actividade conxunta. Para que este decreto produza efectos económicos en anos sucesivos deberán subscribirse previamente os convenios coas respectivas deputacións e deberá dictarse a correspondente orde anual de convocatoria.

En virtude do anterior, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de novembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

A presente disposición ten por obxecto regula-la subvención do custo da peaxe na autoestrada A-9,

entre Vigo e O Morrazo para os residentes na provincia de Pontevedra e entre A Coruña e A Barcala para os residentes na provincia da Coruña, mediante subvencións directas ós particulares nas condicións que a continuación se establecen. O presente sistema articúlase mediante unha tarxeta de débito, a través da cal se xestionará a subvención; tamén poderá articularse mediante o dispositivo de peaxe dinámica. En todo caso condiciónase o outorgamento da axuda á existencia de crédito orzamentario axeitado e suficiente.

Artigo 2º Bonificacións.

Bonificaranse ata oitenta viaxes ó mes a partir da primeira viaxe por tarxeta ou solicitude outorgada. A bonificación efectuarase tendo en conta o importe total da peaxe, IVE incluído, e afectará exclusivamente ós itinerarios Vigo-O Morrazo e O Morrazo-Vigo e A Coruña-A Barcala e A Barcala-A Coruña. O dereito a percibi-la subvención nace unha vez realizada a viaxe nas condicións establecidas e exclusivamente mediante o uso da tarxeta ou dispositivo de peaxe dinámica.

Artigo 3º Beneficiarios.

Un.-Condicións.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas que posúan as seguintes condicións:

  1. Estar empadroado en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra ou da Coruña respectivamente.

  2. Ser titular dun vehículo polo que se pague o imposto sobre vehículos de tracción mecánica nos mencionados concellos. Enténdese por titular dun vehículo para efectos desta norma, ademais dos propietarios, os usuarios de tales vehículos que teñan unha autorización de uso do propietario. Non obstante expedirase unha soa tarxeta por vehículo, polo que o propietario deberá renunciar de forma expresa a esta axuda.

  3. Estar ó día das súas obrigas tributarias coa Administración estatal, autonómica, local e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Os solicitantes das axudas deberán ter unha conta soporte de tarxeta, ou do dispositivo de peaxe dinámica, na que deberán facerse os cargos e aboamentos, se é o caso, correspondentes ó sistema.

Dous.-Documentación.

Para a obtención da tarxeta ou articulación da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR