Decreto 242/2008, do 9 de outubro, polo que se regulan a natureza, os fins e os órganos de goberno das escolas universitarias de enfermaría dependentes da Consellería de Sanidade.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Consellería de Sanidade posúe a titularidade das escolas universitarias de enfermaría da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

Estas escolas foron creadas no seu día polas distintas administracións públicas que posuían a titularidade dos respectivos complexos hospitalarios coa finalidade de incrementar a capacitación do seu persoal.

Son centros adscritos ás universidades de Galicia, en virtude da sinatura do convenio, do 7 de febreiro de 1985, entre o Instituto Nacional da Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela, do Convenio do 10 de outubro de 1989, entre a Universidade de Vigo e a Deputación Provincial de Ourense, e o regulado na Lei 11/1989, do 20 de xullo, de universidades de Galicia e no Decreto 3/1990, do 11 de xaneiro, de segregación de centros e servizos da Universidade de Santiago de Compostela e da súa integración nas novas universidades da Coruña e Vigo.

Neste momento, o desenvolvemento das universidades, xunto coas exixencias de ordenación que presenta o obxectivo de integración no Espazo Europeo de Educación Superior, supón unha oportunidade de mellora da organización dos centros adscritos e de orientación ás previsibles necesidades para a implantación dos títulos de grao.

Para procurar a maior calidade da formación impartida nas escolas universitarias de enfermaría de titularidade da Consellería de Sanidade e, ao mesmo tempo, a maior eficacia e eficiencia no seu funcionamento cara á súa utilidade na formación dos futuros profesionais do sistema sanitario, procede efectuar unha regulación uniforme da súa natureza, dos seus fins e dos seus órganos de goberno.

Este decreto aborda os aspectos organizativos das escolas universitarias de enfermaría dependentes da Consellería de Sanidade, atendendo á necesidade de maior eficiencia no seu funcionamento. En todo o relativo ao réxime para as adscricións, así como nos aspectos académicos e docentes, aplicarase o disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril.

En consecuencia, por iniciativa das conselleiras de Sanidade e de Educación e Ordenación Universitaria, e por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do nove de outubro de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º Natureza das escolas universitarias de enfermaría.

As escolas universitarias de enfermaría de titularidade da Consellería de Sanidade da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, son centros docentes de formación universitaria, en que se cursa a titulación de diplomatura de enfermaría, máster e doutoramento, de acordo coa normativa vixente, e aqueloutras titulacións que no futuro se determinen. O título de diplomado en enfermaría é expedido pola universidade á cal cada unha está adscrita. O/a propietario/a dun centro adscrito constitúe a súa entidade titular.

Artigo 2º Fins das escolas universitarias de enfermaría.

Os fins das escolas universitarias de enfermaría son os seguintes:

-Formar profesionais de enfermaría, atendendo ás necesidades socio-económicas e sanitarias do Estado español.

-Promover a investigación en enfermaría.

-Contribuír á mellora da asistencia sanitaria, mediante a organización e participación en actividades de formación.

-Contribuír ao perfeccionamento científico, técnico e humanístico dos profesionais de enfermaría.

-As actuacións que se desenvolvan de cara á consecución dos citados fins levaranse a cabo integrando en todo caso a perspectiva de xénero, consonte o disposto polo artigo 27 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e home, o artigo 15 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Artigo 3º Dependencia das escolas universitarias de enfermaría.
  1. As escolas universitarias de enfermaría dependen da Consellería de Sanidade, a quen lle corresponden todos os aspectos xerenciais e técnicos delas.

  2. As escolas universitarias de enfermaría son centros docentes adscritos ás universidades respectivas do Sistema Universitario de Galicia (en diante SUG), cuxos estatutos cumpren nos artigos que lle son de aplicación.

  3. A EUE da Coruña está adscrita á Universidade da Coruña. A EUE de Lugo está adscrita á Universidade de Santiago de Compostela. As EUE de Ourense e Vigo están adscritas á Universidade de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR