Decreto 29/2007, do 8 de marzo, polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

Preámbulo

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, regula no capítulo IV do título V, a selección e nomeamento das direccións dos centros docentes

públicos que imparten as ensinanzas reguladas na propia lei.

Esta lei concibe a participación como un valor básico para a formación dos cidadáns e por iso posibilita e fomenta a participación democrática de todos os membros da comunidade educativa na organización, goberno, funcionamento e avaliación dos centros educativos a través dos órganos colexiados. Este marco xeral de participación e compromiso facilita o papel que desenvolven as direccións no proceso de dinamización da innovación e mellora da calidade educativa nos centros docentes.

A selección da dirección debe realizarse mediante un proceso en que participen tanto a comunidade educativa como a administración, debendo permitir a selección dos candidatos máis idóneos profesionalmente e que, ao mesmo tempo, obteñan o maior apoio da comunidade educativa.

A lei prevé que esta selección das direccións se realice mediante un concurso no cal se garantan os principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

A lei establece que a selección deberá ser realizada no propio centro por unha comisión constituída por representantes da administración e do centro e que os aspirantes seleccionados deberán superar un programa de formación inicial. Asemade, a lei recolle os supostos en que resulta necesario o nomeamento con carácter extraordinario da dirección, as causas de cesamento e o recoñecemento da función directiva.

Este decreto ten como finalidade desenvolver o capítulo IV do título V da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, regulando todo o relativo á selección, nomeamento e cesamento das direccións dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na propia lei.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no uso das atribucións conferidas polos artigos 28.1º e 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, logo do informe do Consello Escolar de Galicia, de acordo co Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de marzo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

Este decreto ten por obxecto regular o procedemento de selección, nomeamento e cesamento das direccións dos centros docentes públicos que imparten algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º Ámbito de aplicación.

Este decreto será de aplicación a todo o persoal docente funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 3º Principios xerais.
  1. A selección e nomeamento das direccións dos centros docentes públicos efectuarase mediante concurso de méritos entre profesoras e profesores que sexan funcionarios de carreira e que impartan algunha das ensinanzas encomendadas ao centro.

  2. A selección realizarase de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

  3. O nomeamento da dirección dos centros integrados de formación profesional axustarase ao establecido no artigo 11.5º da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional.

Artigo 4º Requisitos para ser candidata ou candidato á dirección.
  1. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que imparta algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, deberán reunirse os seguintes requisitos:

    1. Ser funcionario ou funcionaria de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

    2. Estar en situación de servizo activo.

    3. Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como funcionaria ou funcionario de carreira na función pública docente.

    4. Ter impartido docencia directa como funcionaria ou funcionario de carreira, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, enténdense que as funcionarias e funcionarios responsables da orientación educativa e profesional imparten docencia directa.

    5. Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    6. Estar prestando servizos en centros públicos, nalgunha das ensinanzas das que se ofrecen no centro a que se opta, cunha antigüidade de polo menos un curso completo ao publicarse a convocatoria. Para estes efectos considéranse as mesmas ensinanzas a educación infantil e a educación primaria.

    7. Presentar un proxecto de dirección que inclúa, entre outros, os obxectivos, as liñas de actuación e a avaliación deste.

  2. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro público específico de educación infantil, incompleto de educación primaria, nos de educación secundaria con menos de oito unidades, en que impartan ensinanzas artísticas profesionais, deportivas, de idiomas ou as dirixidas a persoas adultas con menos de oito profesores, non se exixirán os requisitos establecidos nas alíneas c) e d) do punto 1 deste artigo.

Artigo 5º Convocatoria do concurso de méritos.

O concurso de méritos para o nomeamento da dirección de centros docentes públicos será convocado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, antes do 1 de marzo de cada ano, especificando os centros en que está ou vai quedar vacante a dirección.

Artigo 6º Solicitudes e documentación.
  1. A solicitude de participación no concurso de mérito dirixirase ao delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia correspondente, no modelo que estableza a propia consellería, achegando ademais:

    1. Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo a este decreto.

    2. Se é o caso, certificación da dirección do centro que acredite que se ten destino definitivo no centro.

    3. Proxecto de dirección que inclúa, polo menos, os obxectivos, as liñas de actuación e a avaliación deste. No proxecto de dirección deberá facerse referencia entre os seus obxectivos xerais e as liñas prioritarias de actuación as previstas nos artigos 9 e 10 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. De solicitarse máis dun...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR