Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

No Decreto 37/2006, do 2 de marzo, regúlase o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

O Decreto 37/2006, do 2 de marzo, inclúe a contratación temporal das categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do plan Infoga. O baremo establecido no devandito decreto componse da nota de exame do último proceso selectivo, os servizos prestados na Xunta de Galicia e os chamamentos atendidos polas listas, todo isto referido á categoría en que esta inscrito o solicitante.

Debido á integración no ano 2007 do persoal de extinción de incendios das brigadas municipais nestas categorías, cómpre modificar o baremo aplicable

artellando un sistema en que se teña en conta a experiencia dos traballadores nos distintos concellos de Galicia.

Por último, prevese a posibilidade de encomendar a xestión destas listas á consellería competente en materia de incendios.

Visto na Mesa Xeral de Negociación e co informe favorable da Comisión de Persoal, na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e cinco de xaneiro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Engádese o artigo 9.bis, que queda redactado do seguinte xeito:

Artigo 9.bis:

Para a elaboración das listas para a cobertura de postos reservados ás categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Plan Infoga, o baremo será o seguinte:

a) Por servizos prestados:

1º Por cada mes completo de servizos prestados na Xunta de Galicia na mesma categoría: 0,45 puntos, ata un máximo de 40 puntos.

2º Por cada mes completo de servizos prestados en concellos e mancomunidades de municipios da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR