Decreto 306/2003, do 11 de xullo, polo que se nomean os vocais do Consello Rector da Escola Galega de Administración Pública, expertos no eido da Administración pública.

SecciónII. Autoridades e Persoal
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

O artigo 7 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificado pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, establece no punto 3 c) que formarán parte como vocais do Consello Rector cinco expertos de recoñecido prestixio no campo da Administración pública, nomeados polo Consello da Xunta de Galicia.

De acordo co anterior, mediante o Decreto 290/1994, do 30 de setembro, efectuouse a designación, como vocais do Consello Rector da EGAP, de cinco expertos no eido da Administración pública.

Finalizado o mandato dos actuais membros do Consello Rector, segundo o disposto no artigo 7 da Lei 4/1987, procede agora efectua-la designación por un novo período de cinco expertos no eido da Administración pública como vocais do Consello Rector da EGAP.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único Nomear como vocais do Consello Rector da Escola Galega de Administración Pública, na súa calidade de expertos no eido da Administración pública a:

-José Luis Meilán Gil, catedrático de dereito administrativo da Universidade da Coruña.

-Gaspar Ariño Ortiz...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR