Decreto 40/2008, do 6 de marzo, polo que se nomean vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias.

SecciónII. Autoridades e Persoal
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O artigo 20 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, no que se establece a composición do consello reitor, determina que estará formado, entre outras, polas seguintes vogalías:

-Catro representantes dos concellos de Galicia, designados pola Federación Galega de Municipios e Provincias.

Sinálase que a condición de vogal representante dos concellos estará vinculada á representatividade posuída e que se perderá ao desaparecer esta.

Engádese que os vogais serán nomeados e destituídos polo Consello da Xunta por proposta da persoa titular da consellería competente en materia de protección civil e xestión de emerxencias.

A competencia en materia de protección civil e xestión de emerxencias está atribuída á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo Decreto 37/2007, do 15 de marzo, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

Designados pola Federación Galega de Municipios e Provincias os catro representantes dos concellos de Galicia, cómpre proceder ao seu nomeamento polo Consello da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de marzo de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear como vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias, en representación dos concellos de Galicia, a:

-José Luis García García, alcalde de Brión.

-José Antonio Dono López, alcalde da Estrada.

-Francisco Javier Caínzos Vázquez, alcalde de Curtis.

-Martiño...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR