Decreto 225/2007, do 29 de novembro, polo que se nomean os vogais do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, expertos no eido da Administración pública.

SecciónII. Autoridades e Persoal
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O artigo 7 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), modificado pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, establece no punto 3 c) que formarán parte como vogais do Consello Reitor cinco expertos no eido de Administración pública.

De acordo co anterior, mediante o Decreto 306/2003, do 11 de xullo, efectuouse a designación, como vogais do Consello Reitor da EGAP, de cinco expertos no eido de Administración pública.

Finalizado o mandato dos actuais membros do Consello Reitor, segundo o disposto no artigo 7 da Lei 4/1987, procede agora efectuar a designación, por un novo período, de cinco expertos no eido da Administración pública como vogais do Consello Reitor da EGAP.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de novembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear como vogais do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, na súa calidade de expertos no eido da Administración pública, a:

-Amelia Valcárcel Bernaldo de Quirós, conselleira electiva do Consello de Estado e catedrática de Filosofía Moral na Universidade Nacional de Educación a Distancia.

-Rosa Virós i Galtier, presidenta do Consello Económico e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR