Decreto 230/2006, do 30 de novembro, polo que se aproban os estatutos do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

De acordo co establecido no artigo 150.2º da Constitución española, a Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, transfire no marco da lexislación básica do Estado, o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais, complementando así o ámbito competencial determinado no artigo 27.29º do Estatuto de autonomía de Galicia.

A transferencia en materia de colexios oficiais ou profesionais fíxose efectiva a través do Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, e asumiuse polo Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia.

A Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, ditada en virtude da devandita competencia, dispón no seu artigo 16, en relación co 18, que os colexios profesionais gozarán de autonomía para a elaboración, aprobación e modificación dos seus estatutos, sen máis límites ca os establecidos polo ordenamento xurídico.

A Lei 1/2001, do 22 de xaneiro, crea o Colexio de Educadores Sociais de Galicia e na súa disposición transitoria prevé a elaboración e aprobación dos seus estatutos. Mediante Decreto 144/2004, do 17 de xuño, aprobáronse os estatutos do Colexio de Educadores Sociais de Galicia. Polo Decreto 195/2006, do 26 de outubro, aprobouse o cambio de denominación do Colexio de Educadores Sociais de Galicia que pasa a denominarse Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

O Colexio de Educadores Sociais de Galicia acordou, na asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o 19 de maio de 2006, a aprobación dos novos estatutos, co fin de adaptarse ao cambio de denominación. Os ditos estatutos, foron comunicados a esta consellería para os efectos da súa aprobación definitiva, despois da cualificación de legalidade.

Tendo en conta o exposto, en virtude do uso da competencia que ten atribuída polo artigo 34.5º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trinta de novembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único Aprobar, por ser adecuados á legalidade, os estatutos do Colexio de Educadoras e Edu

cadores Sociais de Galicia, que figuran como anexo a este decreto.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 144/2004, do 17 de xuño, polo que se aproban os estatutos do Colexio de Educadores Sociais de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de novembro do dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Estatutos do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Capítulo I

Da natureza, finalidades e funcións

Artigo 1º Natureza.

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) é unha corporación de dereito público, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.

Artigo 2º Lexislación pola que se rexe.

Esta corporación de dereito público réxese por estes estatutos, pola lexislación vixente en materia de colexios profesionais, ademais de pola Lei 1/2001, do 22 de xaneiro, de creación do Colexio de Educadores Sociais de Galicia.

Artigo 3º Relación coas diferentes administracións.
  1. O CEESG, nas cuestións relativas aos aspectos institucionais ou corporativos, relacionarase coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a través da consellería competente en materia de colexios profesionais.

  2. En todo o que respecta aos contidos da profesión relacionarase a través da consellería ou consellerías que teñan relación coa profesión do educador social.

  3. Cando sexa necesario, dentro dos correspondentes marcos competenciais, o CEESG poderase relacionar tamén con outras administracións.

Artigo 4º Relación cos outros organismos profesionais e públicos.
  1. O CEESG, como Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, poderá establecer acor

    dos de reciprocidade, cooperación e convenios con outras entidades profesionais.

  2. O CEESG poderá establecer cos organismos profesionais estranxeiros e internacionais as relacións que, no marco da lexislación vixente, considere adecuadas en cada momento.

Artigo 5º Incorporación ao colexio.
  1. Nos termos establecidos no artigo 2 da Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, é requisito indispensable para o exercicio da profesión de educador/a social en Galicia estar incorporado/a no CEESG, cando o domicilio único ou principal estea situado nesta comunidade, coa excepción do disposto no artigo 3 da citada lei.

  2. Coa finalidade de quedar suxeitos ás correspondentes competencias de ordenación e control, os profesionais inscritos nun colexio de educadoras e educadores sociais doutra demarcación territorial comunicaranlle ao CEESG as actuacións que realicen dentro da Comunidade Autónoma galega.

Artigo 6º Principios esenciais.

Son principios esenciais do seu funcionamento a igualdade dos seus membros, o funcionamento democrático e a liberdade de actuación dentro do respecto ás leis.

Artigo 7º Ámbito territorial e domicilio.

O ámbito territorial do colexio é o do territorio galego. O enderezo está en Santiago de Compostela. Este enderezo pode ser modificado por acordo da asemblea xeral ordinaria ou da asemblea xeral extraordinaria convocada para tal efecto.

Artigo 8º Fins esenciais.

Son fins esenciais do colexio:

  1. Ordenar o exercicio profesional en calquera das súas formas e modalidades.

  2. Representar os intereses xerais relacionados co exercicio da profesión de educador/a social.

  3. Cooperar na mellora dos estudos conducentes á obtención do título de educador social.

  4. Mellorar o nivel de calidade das prestacións profesionais dos/das colexiados/as, promovendo a súa formación e perfeccionamento.

  5. Defender os intereses profesionais dos/das colexiados/as.

  6. Velar para que a actividade profesional se adecue aos intereses dos cidadáns.

  7. Promover o recoñecemento social e profesional da educación social.

Artigo 9 Funcións.

Para o cumprimento das súas finalidades o colexio profesional exercerá as funcións encomendadas na lexislación básica do Estado e na lexislación autonómica galega, sendo, entre outras, as seguintes:

  1. Exercer a representación e defensa da profesión.

  2. Ordenar a actividade dos/das colexiados/as, velando pola ética e a dignidade profesional destes, así como conciliando os seus intereses co interese social e cos dereitos dos cidadáns.

  3. Exercer a potestade disciplinaria sobre os/as profesionais colexiados/as.

  4. Exercer as accións legais e adoptar as medidas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR