Decreto 430/2003, do 27 de novembro, polo que se desafecta do dominio público un inmoble, edificio da Casa da Xuventude de Cuntis (Pontevedra) situado na estrada de circunvalación.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do Real decreto 3434/1982 (BOE nº 235, do 1 de outubro), sobre transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, integrou no seu patrimonio o edificio da Casa da Xuventude de Cuntis (Pontevedra) situado na estrada de circunvalación.

O artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación de expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título. Neste sentido a Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, que ten adscrito o ben, informou favorablemente a súa desafectación. Segundo o anterior foi tramitado pola Consellería de Economía e Facenda o expediente de desafectación do dominio público do ben de referencia.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de novembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctase do dominio público o ben descrito a continuación:

Inmoble situado na estrada de circunvalación, s/n, no...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR