Decreto 420/2003, do 20 de novembro, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, dunha parcela para o centro de limpeza e desinfección de vehículos de transporte de gando no termo municipal de Lourenzá (Lugo).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O pleno da corporación municipal do Concello de Lourenzá, reunido en sesión que tivo lugar o día trinta de outubro de 2002, acordou ceder á Comunidade Autónoma de Galicia un predio situado no termo municipal de Lourenzá, para centro de limpeza e desinfección de vehículos de transporte de gando.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Lourenzá acordou a cesión, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de novembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión, feita polo Concello de Lourenzá, a título gratuíto, da parcela de 858 m, situada no lugar de Ponte de Cuñas, 11, termo municipal de Lourenzá e cos seguintes lindeiros: ó norte, propiedade privada; ó sur e ó leste, resto do predio matriz, propiedade do Concello de Lourenzá e ó oeste, río Baos.

Esta parcela figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo, a nome do Concello de Lourenzá, no tomo 750, libro 107 de Lourenzá, no folio 76, predio 14.862, inscrición 1ª. Referencia catastral número 8146003PJ3184N0001KK.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase a centro de limpeza e desinfección de vehículos de transporte de gando.

Artigo 3º

A Consellería de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR