Decreto 560/2005, do 17 de novembro, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, dunha parcela de terreo no termo municipal de Santiago de Compostela (A Coruña), para a construción do Centro Galego de Desenvolvemento Integral para a Discapacidade.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, en sesión ordinaria do 30 de maio de 2005, acordou ceder, a título gratuíto, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, unha parcela de terreo de 6.167 metros cadrados, no termo municipal de Santiago de Compostela, para a construción do Centro Galego de Desenvolvemento Integral para a Discapacidade.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Santiago de Compostela acordou a cesión, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do dezasete de novembro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión, a título gratuíto, feita polo Concello de Santiago de Compostela, dunha parcela de terreo que se describe como segue:

Parcela urbana situada no SUNP 2 de Salgueiriños, no termo municipal de Santiago de Compostela, que conta cunha superficie de seis mil cento sesenta e sete metros cadrados. Estrema: polo norte, con zona verde 1-ZV1; polo sur, con zona verde 1-ZV1; polo leste, zona verde 1-ZV1; polo oeste, zona verde 1-ZV1-vía de acceso. Esta parcela de terreo está destinada a equipamento docente EDOC e/ou asistencial.

Figura inscrita no Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela no tomo 1.347, libro 389, folio 184, parcela 33.900.

En canto á referencia catastral, consta no referido acordo local que se está a tramitar.

Artigo 2º

O...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR