Decreto 223/2006, do 23 de novembro, polo que se modifica o Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, polo que se regula o programa de vivenda en aluguer.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO
Rango de LeyDecreto

Tras a publicación, no Diario Oficial de Galicia o día 22 de marzo de 2006, do Decreto 48/2006, polo que se regula o programa de vivenda en aluguer, advírtese a conveniencia de efectuar determinadas modificacións.

Estas modificacións veñen clarificar o teor do decreto en canto ao cálculo dos ingresos dos solicitantes de vivendas que soliciten incorporarse ao programa de vivenda en aluguer, recollendo por outro lado a modificación sufrida recentemente polo Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 801/2005, do 1 de xullo, para o período 2005-2008, precisando o criterio para o establecemento do límite inferior de ingresos para a incorporación no programa e posterior concesión de subvención ao arrendamento.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Vivenda e Solo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do día vinte e tres de novembro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, polo que se regula o programa de vivenda en aluguer.

O Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, polo que se regula o programa de vivenda en aluguer, queda modificado como segue:

Un. No artigo 4º.1.a) debe engadirse ao final: «e normativa de desenvolvemento».

Dous. O segundo parágrafo do artigo 12º queda redactado nos seguintes termos: «O prazo máximo para notificar as resolucións ditadas no procedemento administrativo deste programa será de seis meses desde a presentación da solicitude. En caso de non recaer resolución nese prazo as solicitudes de subvención entenderanse desestimadas».

Tres. No artigo 17º engádese un punto 5 co seguinte teor: «O pagamento da subvención ao arrendatario queda condicionada ao puntual e exacto cumprimento por este da súa obriga de pagamento mensual; en caso de incumprimento da dita obriga, deberá afrontar o pagamento íntegro da renda estipulada no correspondente contrato de arrendamento, perdendo o dereito á percepción da subvención ao aluguer dos meses en que tivera lugar tal incumprimento».

Catro. O artigo 18º.1 queda redactado nos seguintes termos: «Poderán ser beneficiarios das axudas destinadas a facilitar o pagamento da renda de aluguer as persoas, unidades familiares ou de convivencia...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR